Mostrando entradas con la etiqueta Os nosos vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Os nosos vídeos. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de abril de 2015

Biografía de Miguel de Cervantes


Despois de investigar sobre a vida de Miguel de Cervantes, compartimos as nosas informacións e entre todos decidimos  facer esta biografía.


martes, 21 de abril de 2015

Recitamos: A lúa quería casar

Para rematar o mes da poesía, no salón de actos, compartimos cos compañeiros do cole  este contiño: A lúa quería casar!
Noraboa rapaces! Estivechedes xeniais!


domingo, 12 de abril de 2015

Contos : O Ratiño Pérez e Carapuchiña Vermella

Seguimos co proxecto Que divertido é ler!
Uxía e Raquel levaban varios días preparando a lectura do conto Ratoncito Pérez. Dedicáronlle uns cantos recreos para preparalo.
E... hoxe, baixamos a biblioteca onde nos esperaban os nenos e nenas de catro anos!

Estiveron super atentos e moi  atentos e participaron con nós. Tamén lles demos un debuxo do ratiño para que o  pintaran.


Pero os que quedamos sorprendidos fomos nós. Vera, leunos o conto da Carapuchiña Vermella dun xeito moi, moi especial!!! Mirade que ben o fixo!!!! Parabéns Veraaaaaaaaaaaa

miércoles, 1 de abril de 2015

Recitamos poesías mentireiras

Seguimos traballando a poesía. Nestes días estivemos lendo e facendo poesías mentireiras! Como foi moi divertido fomos a compartilas cos nenos de primeiro.


sábado, 28 de marzo de 2015

Cuento: La luna llena

Por iniciativa dos nenos empezamos un proxecto: Que divertido é ler!!! 


Os nenos, na hora do recreo, visitan moito a biblioteca do centro. Eles soliños, decidiron escoller un libro entre varios e preparar a lectura para irllo ler aos nenos de infantil. 

Están moi ilusionados e emocionados preparando as súas lecturas. 

Esta é a primeira lectura! Un conto titulado : La luna llena.