viernes, 21 de febrero de 2020

FAcemos os nosos disfraces

Este ano a temática elixida para todo o centro é : O mar.

Nós decidimos disfrazarnos de polbos e mergulladores.
Aproveitando que estamos traballando o coidado do planeta, decidimos usar materiais usados, materiais de refugallo.... e rapidamente nos puxemos en marcha. Pedímoslles as nosas mamís, avoas, e coñecidos medias vellas, tapas de botellas, botellas de plástico, gorros de la...















Este é o resultado final!





jueves, 20 de febrero de 2020

Fomos a horta

No patio do cole temos unha pequena horta. 
Xa están sementados : allos, cebolas, brocoli, repolos, berzas, fresas...
Hoxe, a profe Lucia e Gil , ensináronnos como plantar as patacas.
Primero collemos o abono do composteiro e descubrimos unha miñoca!




O profe Gil explicounos como tiñamos que botar o abono e nós repartímolo moi ben.





 A profe Lucia, ensinounos a descubrir o grelo das patacas e como tiñamos que polo para que pronto comecen a nacer as plantas. 

Comezamos a plantar! Pero, o profe díxonos que tiñamos que acochala ben na terra, e fixémolo con moito coidadiño.



E patacas plantadas!!!! 


Foi unha experiencia xenial! Estamos desexando ver como nacennnnn

Xoves de entroido

O señor Manolo, hoxe foi moi bo.

A súa copla dicía:
" O xoves escolles ti!!!
Do que che pete poderás vir!"

E nós escollemos vir de.... mirade vos mesmos


Mañá teremos o remate de festa!!!!

Mércores de entroido

E seguimos as ordes do meco!

Se deste día queres desfrutar,
en superheroe ou superheroina
te terás que disfrazar

E aqui estamos!


martes, 18 de febrero de 2020

Martes de entroido

Seguindo a copla posta polo Sr. Manolo, para hoxe tiñamos que:

" Mestre? Perruqueiro? futbolista?
Trae algo para adiviñar
ao que de maior te vas  dedicar"

E nós como aínda non o temos moi claro, mirade de cantas profesións nos disfrazamos!



As mestras tamén cambiaron de profesión por un día!



E a profe M. José os policias de 4 anos puxéronlle unha multiña por nada!!! Jajaaaaa!!!





Que ben o pasamos!!!

Mañá que faremos? Estade atentossss

lunes, 17 de febrero de 2020

A semana pasada fíxose a primeira recollida de pilas por aulas.
A verdade e que entre todos xuntamos moitas, moitas pilas, uns 800 quilos. Que contentos estamos desta recollida, porque sabemos o contaminantes que son e deste xeito evitaremos que queden tiradas ou esquecidas por calquera sitio.


Agora xa temos bidóns onde depositalas, seguide recollendo pilas, o concurso está aberto hasta finais de marzo.


Ánimo rapaces! Coidar do planeta é unha das nosas misións.

E recordade, a clase que máis pilas usadas xunte terá un premio!!!!

O resultado do `primeiro reconto  de recollida de pilas é este:



CURSO
KILOS RECOLLIDOS
3 ANOS
124
4 ANOS
119
5 ANOS
39
1º A
72
1º B
28
2º A
144
2º B
44
73
36
124
30
MESTRES
35
TOTAL
868

 A por máis, buscade, pedide a veciños, familiares, amigos.... entre todos imos conseguir que non quede unha pila usada sen recoller. 

Excelente traballo rapaces!!!!

1ª día de entroido!

Xa está aquí, xa chegou !  O  entroido!

O noso meco Sr. Manolo, o venres deixounos esta copla:

" Se en forma queres estar,
   algún deporte deberás practicar"

É nós como somos moi ben mandados e festeiros puxémonos  a remexer nas nosas casas e.... mirade, mirade  de cantos deportes nos disfrazamos!!!



Mañá máis! Non esquezades ler a copla!!!!

Cumpleeee en 2º B!

A nosa compañeira Tecla estivo de aniversario. 

Xa está feita unha moza cos seus 8 aniños!

E como sempre, celebrámolo todos xuntiños.

Parabéns Tecla!!!


LIM:Libro colaborativo o entroido


domingo, 16 de febrero de 2020

Está chegando, está chegando........ o entroido!

Como cada ano, o Entroido ven cargadiño de festa e troula.
Se queredes saber  máis, neste apartado, atoparedes moita información, recursos e moita, moita diversión.
A pasalo xenial!

Descubre como é o noso entroido!