martes, 7 de julio de 2020

Un curso cheo de aventuras

Ola rapazada!!!

Que tal de vacacións? Supomos que o estaredes pasando estupendamente!!!

Agora, si que vai a despedida final con este vídeo que recolle as nosas aventuras de segundo.

Un fermoso recordo para sempreeee  Esperamos que vos guste!!!


Desfrutade  moito, moito, do verán.

Un millón de grazas pola sorpresa que me preparáchedes!!! Foi espectacularrrr. Emocionoume moitísimo!!!




Biquiños das vosas mestras!!!

viernes, 19 de junio de 2020

Carta de despedida da profe M. José

Despois de ter recibidas as vosas cartas de despedida, que me emocionaron moito, eu tamén quero escribirvos a miña.

Queridos rapaces e rapazas:

Non hai nada que comezou o curso e hoxe chega o seu fin!

Gustaríame  poder despedirme de cada cun de vós, en persoa, cuns bos achuchóns!!! 

Dadas as circunstancias actuais no é posible. 

Que peniña me da!!!!


Esta despedida resúltame especialmente difícil!!! Xa sabedes que me xubilo.

Neste momento teño unha sensación triste e alegre ao mesmo tempo. Triste porque despois de moitos anos como mestra, pecho o último capítulo da miña vida laboral; alegre porque tiven a gran sorte de poder traballar no que máis me gusta: a ensinanza e os nenos.

Durante este curso desfrutei unha morea con vós, algunha vez tamén me enfadei pero, quero quedarme co mellor de todos.

Pasei moitísimo ratos bos, rinme cos vosos contos, trasnadas e ocorrencias e tamén aprendín de vós e con vós. "
Recordo, as vosas cariñas, cando faciamos experimentos,daba gusto velas!!! E... ese Cocoloco que ao principio vos traía tolos e canto vos gustaba despois... Acordádevos do xogo das caixas para aprender xeometría ?  E o noso esqueleto? E os proxectos ? As gravacións de poesía? E tantas outras actividades.  
E… cando me chamabades mamá, avoa? Que importante me sentía!! Non quero esquecerme das veces que me equivocaba para ver se estabades atentos... como vos enganaba!!! 

Espero que teñades aprendido moito. Oxalá que os consellos que vós fun dando sirvan para que cheguedes á meta  de  todo o que vos propoñades!
Xa sabedes que con esforzo, ilusión, ganas de aprender, constancia e traballo todo é posible. 
Confío en cada un de vós, estou segura que o lograredes!

Outra cousiña, nunca, nunca, vos esquezades de pórvos no lugar do outro, de respectar aos compañeiros e por a máxima ilusión en todo o que fagades.

Podedes estar moi, moi orgullosos e contentos do voso traballo e esforzo! 

Non quero esquecerme das vosas familias. Elas, sempre colaboraron e me apoiaron  en todo o que lles propuxen, estiveron cada día para axudarme e axudarvos, sobre todo, nestes días de pandemia. Son marabillosas! 

Sodes os meus últimos alumnos/as e nos vos podo dar unha aperta enorme como merecedes pero... sempre teredes un anaquiño no meu corazón!

Sodes un grupo marabilloso, estupendo e moi traballador do que me sinto moi, moi orgullosa! Foi un gustazo traballar con vós!!!! Sodes xeniais!!!!




Rematamos con un brindis!!!



Grazas por todo e hasta sempre!!!

Biquiños  e achuchóns!!!! 

P.D. Estade atentos, en breve, aquí teredes unha sorpresa!!!

Pechamos unha marabillosa etapa

Queridos mociños e mociñas

Hoxe finaliza o período lectivo do presente curso académico. Como pasou o tempo verdade?

As mestras de 2º queremos darvos as grazas polo voso infinito traballo, esforzo e dedicación. Así como as vosas familias, que a pesar das circunstancias complexas polas que tivemos que atravesar durante este curso contribuíron  dun xeito fantástico no voso gran progreso.

Convertémonos nun gran equipo, no que se un ou unha tiña un mal día todas e todos estábamos aí para axudalo/a aínda que fose de xeito telemático. Descubrindo que iso é a vida: traballar en equipo.

As mestras de 2º estamos moi orgullosas de vós en moitos ámbitos. Pero sobre todo en que sodes uns marabillosos nenos e nenas: solidarios, cariñosos, comprensivos, respectuosos…Poderíamos seguir e seguramente  sempre nos quedaría algo atrás.

Queremos que saibades que foi un auténtico pracer para nós ser as vosas titoras e que aínda que se pecha unha etapa, está a piques de abrirse outra igual de fermosa. Polo que como di o proxecto isto non é unha despedida é un “Ata sempre”.

Agora só queremos que gocedes moito do verán. Xa que o tedes máis que merecido!!

Ah, pero non vos esquezades de ler un pouquiño  todos os días (xa sabedes que as mestras somos así ata o final) jajaja.

Bicos e aperta enormes.
As mestras de 2º.

Tarefas Venres 19 de xuño


Queridas rapaces e rapazas:

Chegou o último día. Si, hoxe finaliza o período lectivo do presente curso académico. Estamos moi orgullosas do voso gran traballo e esforzo.
A continuación tedes a última tarefa voluntaria que realizaredes como alumnos/as de 2º e despois a gozar moito do verán campións e campioas.


XOVES 18 DE XUÑO
Proxecto “Ata sempre”:
Debuxa como te sentes o último día como alumno/a de 2º de E.P. e describe brevemente as túas sensacións.

E. Física
Entra en Classroom.


Para realizar as tarefas, precisas os materiais que se atopan na entrada denominada “Planificación e materiais: semana do 15 ó 19 de xuño”.

Finalmente, non te esquezas de remitirlle a túa titora as mesmas, así poderá efectuarte propostas de mellora e valorar o teu gran traballo.

Unha aperta enorme.

jueves, 18 de junio de 2020

Tarefas Xoves 18 de xuño


Bo día

Estamos a piques de rematar a última semana do período lectivo. Aii! Que rápido pasou o curso. Por iso imos seguir co proxecto “Ata sempre”.
No seguinte cadro podes observar a tarefa voluntaria que corresponde ó día de hoxe:

XOVES 18 DE XUÑO
Proxecto “Ata sempre”:
Grava un pequeno vídeo no que te despidas dos teus compañeiros/as e da túa mestra. Non é preciso que saias no vídeo, podes enfocar unha imaxe e que se che escoite falar de fondo.

Inglés
Entra en el blog de la materia.


Para realizar as tarefas, precisas os materiais que se atopan na entrada denominada “Planificación e materiais: semana do 15 ó 19 de xuño”.

Finalmente, non te esquezas de remitirlle a túa titora as mesmas, así poderá efectuarte propostas de mellora e valorar o teu gran traballo.

Unha aperta enorme.

miércoles, 17 de junio de 2020

Tarefas Mércores 17 de xuño


Bo día
Xa estamos na metade da semana e continuamos co proxecto “Ata sempre”.
No seguinte cadro podes observar a tarefa voluntaria que corresponde ó día de hoxe:

MÉRCORES 17 DE XUÑO
Proxecto “Ata sempre”:
Escríbelle unha carta a túa mestra. Nela podes contarlle todo o que queiras: as túas inquietudes, suxestións…



Para realizar as tarefas, precisas os materiais que se atopan na entrada denominada “Planificación e materiais: semana do 15 ó 19 de xuño”.

Finalmente, non te esquezas de remitirlle a túa titora as mesmas, así poderá efectuarte propostas de mellora e valorar o teu gran traballo.

Unha aperta enorme.


martes, 16 de junio de 2020

Tarefas Martes 16 de xuño


Bo día

Moitas grazas por continuar traballando tan ben. Veña, continuamos co proxecto “Ata sempre”. 
No seguinte cadro podes observar a tarefa voluntaria que corresponde ó día de hoxe:

MARTES 16 DE XUÑO
Proxecto “Ata sempre”:
Responde á seguinte pregunta: Que aprendiches a nivel persoal (non académico) en 2º de Educación Primaria? Non te esquezas de xustificar a túa resposta.
É dicir, a ser mellor compañeiro/a, ter máis paciencia…

Inglés
Entra en el blog de la materia.


Para realizar as tarefas, precisas os materiais que se atopan na entrada denominada “Planificación e materiais: semana do 15 ó 19 de xuño”.

Finalmente, non te esquezas de remitirlle a túa titora as mesmas, así poderá efectuarte propostas de mellora e valorar o teu gran traballo.

Unha aperta enorme.

lunes, 15 de junio de 2020

Tarefas Luns 15 de xuño


Bo día

Comezamos coa última semana do curso na que traballaremos o proxecto “Ata sempre”. No seguinte cadro podes observar a tarefa  voluntaria que corresponde ó día de hoxe:

LUNS 15 DE XUÑO
Proxecto “Ata sempre”:
Debuxa o teu primeiro día de clase en 2º de E.P. e describe brevemente como te sentiches.

E. Física
Entra en Classroom.


Para realizar as tarefas, precisas os materiais que se atopan na entrada denominada “Planificación e materiais: semana do 15 ó 19 de xuño”.

Finalmente, non te esquezas de remitirlle a túa titora as mesmas, así poderá efectuarte propostas de mellora e valorar o teu gran traballo.

Unha aperta enorme.

domingo, 14 de junio de 2020

Planificación e materiais: semana do 15 ó 19 de xuño

Bo día:


Está a piques de rematar a última semana lectiva do curso queridos rapaces e rapazas. Polo que as tarefas serán diferentes e voluntarias. Isto quere dicir, que podedes facelas todas, só algunhas... Dependendo das vosas circunstancias ou preferencias.

Esperamos que vos gusten moito!!

A continuación tedes a planificación orientativa da semana que está a piques de comezar e posteriormente os materiais para desenvolver as tarefas. 



1. Planificación:
2. Materiais:



Unha aperta enorme.

As mestras de 2º de Educación Primaria.