Queridos mociños e mociñas
Hoxe finaliza o período lectivo do presente curso académico. Como pasou o
tempo verdade?
As mestras de 2º queremos darvos as grazas polo voso infinito traballo,
esforzo e dedicación. Así como as vosas familias, que a pesar das
circunstancias complexas polas que tivemos que atravesar durante este curso contribuíron
dun xeito fantástico no voso gran
progreso.
Convertémonos nun gran equipo, no que se un ou unha tiña un mal día todas e
todos estábamos aí para axudalo/a aínda que fose de xeito telemático. Descubrindo
que iso é a vida: traballar en equipo.
As mestras de 2º estamos moi orgullosas de vós en moitos ámbitos. Pero
sobre todo en que sodes uns marabillosos nenos e nenas: solidarios, cariñosos,
comprensivos, respectuosos…Poderíamos seguir e seguramente sempre nos quedaría algo atrás.
Queremos que saibades que foi un auténtico pracer para nós ser as vosas
titoras e que aínda que se pecha unha etapa, está a piques de abrirse outra
igual de fermosa. Polo que como di o proxecto isto non é unha despedida é un “Ata
sempre”.
Agora só queremos que gocedes moito do verán. Xa que o tedes máis que merecido!!
Ah, pero non vos esquezades de ler un pouquiño todos os días (xa sabedes que as mestras
somos así ata o final) jajaja.
Bicos e aperta enormes.
As mestras de 2º.
No hay comentarios:
Publicar un comentario