Queridos rapaces e rapazas:
Non hai nada que comezou o
curso e hoxe
chega o seu fin!
Gustaríame
poder despedirme de cada cun de vós, en persoa, cuns bos achuchóns!!!
Dadas as
circunstancias actuais no é posible.
Que peniña me da!!!!
Esta despedida resúltame especialmente difícil!!! Xa sabedes que me xubilo.
Neste momento teño unha sensación triste e alegre ao mesmo tempo. Triste porque despois de moitos anos como mestra, pecho o último capítulo da miña vida laboral; alegre porque tiven a gran sorte de poder traballar no que máis me gusta: a ensinanza e os nenos.
Durante este curso desfrutei
unha morea con vós, algunha vez tamén me enfadei pero, quero quedarme co mellor de
todos.
Pasei moitísimo ratos bos,
rinme cos vosos contos, trasnadas e ocorrencias e tamén aprendín de vós e con vós. "
Recordo, as vosas cariñas, cando
faciamos experimentos,daba gusto velas!!! E... ese Cocoloco
que ao principio vos traía tolos e canto vos gustaba despois... Acordádevos do
xogo das caixas para aprender xeometría ? E o noso
esqueleto? E os
proxectos ? As gravacións de poesía? E tantas outras actividades.
E… cando me chamabades mamá, avoa? Que importante me sentía!! Non quero esquecerme das veces que me equivocaba para ver se estabades atentos... como vos enganaba!!!
E… cando me chamabades mamá, avoa? Que importante me sentía!! Non quero esquecerme das veces que me equivocaba para ver se estabades atentos... como vos enganaba!!!
Espero que teñades aprendido
moito. Oxalá que os consellos que vós fun dando sirvan para que cheguedes á
meta de todo
o que vos propoñades!
Xa sabedes que con esforzo,
ilusión, ganas de aprender, constancia e traballo todo é posible.
Confío en
cada un de vós, estou segura que o lograredes!
Outra cousiña, nunca, nunca, vos
esquezades de pórvos no lugar do outro, de respectar aos compañeiros e por a
máxima ilusión en todo o que fagades.
Podedes estar moi, moi
orgullosos e contentos do voso traballo e esforzo!
Non quero esquecerme das vosas familias. Elas, sempre colaboraron e me apoiaron en todo o que lles propuxen, estiveron cada día para axudarme e axudarvos, sobre todo, nestes días de pandemia. Son marabillosas!
Non quero esquecerme das vosas familias. Elas, sempre colaboraron e me apoiaron en todo o que lles propuxen, estiveron cada día para axudarme e axudarvos, sobre todo, nestes días de pandemia. Son marabillosas!
Sodes os meus últimos
alumnos/as e nos vos podo dar unha aperta enorme como merecedes pero... sempre teredes
un anaquiño no meu corazón!
Sodes un grupo marabilloso, estupendo e moi traballador do
que me sinto moi, moi orgullosa! Foi un gustazo traballar con vós!!!! Sodes xeniais!!!!
Rematamos con un brindis!!!
Grazas por todo e hasta sempre!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario