Mollamos o chan .
Que pasou? A onde se foi a auga?
A auga evaporouse e agora está no aire.
De que está formada a auga?
Está formada por unhas partículas moi, moi pequenas, que non podemos ver a simple vista. Chámanse MOLÉCULAS
Como imaxinades que son estas moléculas?
Imos a representalas con boliñas pequenas feitas de papel de aluminio.
Cando se van, van todas xuntas?
Non, marchan de unha en unha e pouco a pouco, por iso o chan no se seca de súpeto.
Agora xa sabemos que a auga está formada por MOLÉCULAS.
Como se representan? Moi fácil, imos a coñecer a súa fórmula que nos vai dar moitas pistas
Esta é fórmula da auga.
Como indica a súa fórmula H2O, cada molécula da auga ten tres átomos, dous de hidróxeno e un de osíxeno.
Somos moléculas de auga!!!
Para rematar imos xogar a ser moléculas de auga e movernos libremente pola clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario