Mostrando entradas con la etiqueta Experimentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Experimentos. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de octubre de 2019

Experimentamos: A auga ten pel


Irene, andivo facendo experimentos coa auga na súa casa e quixo compartilos con todos.

Trouxo  os materias precisos:
  • Recipiente
  • Auga
  • Pementa en po
  • Xabón
Mirade como fixo e  que ben o explicou! A atención era máximaaaa

Comprobamos se entenderon que sucedeu.  Mía explícao así de ben!



Encántanos ver o atentos que estades e o moito que aprendedesss

Graciñas Irene pola túa iniciativa e por compartila!

domingo, 13 de octubre de 2019

Experimentamos: A auga vai de viaxe

Comezamos a sesión cun experimento motivador.

Mollamos o chan .


Que pasou?  A onde se foi a auga?



A auga evaporouse e agora está no aire.

De que está formada a auga?

Está formada por unhas partículas moi, moi pequenas, que non podemos ver a simple vista. Chámanse MOLÉCULAS

Como imaxinades que son estas moléculas?



Imos a representalas con boliñas pequenas feitas de papel de aluminio.


Cando se van, van todas xuntas?
Non, marchan de unha en unha e pouco a pouco, por iso o chan no se seca de súpeto.





Agora  xa sabemos que a auga está formada por MOLÉCULAS.

Como se representan? Moi fácil, imos a coñecer a súa fórmula  que nos vai dar moitas pistas

Esta é fórmula da auga.


Como indica a súa fórmula H2O,  cada molécula da auga ten tres átomos, dous de hidróxeno e un de osíxeno.




Somos moléculas de auga!!!






Para rematar imos xogar a ser moléculas de auga e movernos libremente pola clase.





Canto aprendemos experimentando e xogando!!!