martes, 17 de diciembre de 2019

Queremos recomendar...

Pouco a pouco imos aprendendo o importante que é coidar do noso planeta. 
Agora somos máis conscientes dos danos que lle estamos causando e pareceunos  que podemos aportar algunhas  ideas ao noso querido Papa Noel  para a hora de mercar e empaquetar os nosos agasallos.


Rapidamente nos  puxemos a pensar  e... mans a obra!








Pasiño a pasiño foron saíndo  recomendacións!


E máis recomendacións!!! Cada unha máis interesanteeee

Escribímolas en  anacos de papel que tiñamos sobrante de facer os renos.





E para rematar, fixemos este pequeno vídeo que  as recolle para enviarllelo a Papá Noel e que non se esqueza delas!




As vosas mestras, estamos moi orgullosas dos vosos logros e da implicación e participación activa  na P.D.I " Salvemos o planeta"

No hay comentarios:

Publicar un comentario