Imos coa primeira delas!
Visitamos o Belen benéfico que Generoso vai construíndo coas súas mans e que pon en funcionamento cada Nadal na súa casa a favor da Asociación SOS Baixo Miño.
Comprobamos con que maestría vai elaborando cada unha das pezas do seu Belén.
Unha das moitas curiosidades: o tellado do Portal ten 1140 tellas
feitas unha por unha!
Utiliza materiais reciclados: pedriñas da praia, plásticos, canas dos foguetes, poriespan das embalaxes, cespede do campo de fútbol, motores de vellos electrodomésticos....
Soprendeunos que cada minuto vanse alternando o día co canto do galo e a noite co alumeado das casa e a aparición das estrelas e a lúa!
Espertou en nós a curiosidade do movemento de moitas das pezas do Belén e el contounos o segredo do funcionamento: pequenos motores de microondas, secadores e imáns.
Unha auténtica marabilla de Belén de dous pisos!!!
Baixade ao porto e non deixedes de visitalo, paga a pena!
Moitas grazas Generoso! Eres un artistazo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario