A POMBA DONA PAZ
Dedicatoria:
Para os nenos e nenas do mundo porque a PAZ é o seu e único e verdadeiro futuro.
que vive arrentes do ceo,
nunha casiña moi linda
entre as torres dunha igrexa.
E cando o día amañece
vai pasear moi cediño,
para ver que cousas pasan
polas prazas e os camiños.
Voando pola cidade
viu xente que nada tiña
e que durmía nas rúas
na friaxe da invernía.
Logo viu outros moi ricos
aos que todo lle sobraba.
Estragaban a comida
que aos pobres lles faltaba.
Viu máquinas abraiantes
traballando sen parar,
botando asfalto e cemento
case en calquera lugar.
que ían parar aos ríos,
os mares cheos de lixo
e as fragas pasto do lume.
E chemineas fumegantes
botando un aire moi negro.
Máis a ninguén lle importaba
se daban moito diñeiro.
Viu fábricas de armamentos
que producían arreo.
Mandando ás guerras de lonxe
os artefactos da morte.
E os que fuxían destas guerras
de fame e doutras miserias,
andaban centos de quilómetros
para salvar os seus fillos.
Xentes que arriscaban a vida
para cruzar as fronteiras,
a procura dun traballo
e dun futuro mellor.
as que todo se lles negaba
e que viven esmagadas
baixo tanta imposición.
E o que máis arrepío
lle deu aínda a Dona Paz,
foron os nenos da rúa
que a ollaban sen mirar.
Eran nenos de ollos tristes
que nunca foran á escola.
e xamais foron á praia.
Onde quera que mirase
vía Dona Paz problemas,
vía inxustizas e abusos.
O afán por chegar a ricos
non deixa cousa con cousa!
Raio!
Que feo está o mundo!
O fermoso que sería
Se todos fosen amigos
e non estragasen tanto!
Vou ver se falo con eles!
E tentar, tentou facelo…
Dona Paz falou con todos.
Pero os homes enleados,
so pensaban no diñeiro,
no poder e máis na fama.
Dona Paz sufría e sufría,
e, a cada paso choraba,
porque os homes poderosos,
non lle facían ningún caso.
Non pensaban en ninguén.
Querían todo para eles!
e os nenos do mundo enteiro.
Polo seu futuro,
non renunciarei!
Seguro que eles poden
escoitar moito mellor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario