Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de febrero de 2020

Celebramos o Día da Paz

Así foi como celebramos o Día da Paz

Todos sabemos que a Paz está moi relacionada co amor, así que  este ano aprendemos unha fermosa canción" Quérote máis" de  O sonoro Maxín .
Durante toda a semana estivemos aprendéndoa seguindo as indicacións do vídeo feito no CEIP Escultor Acuña na lingua de signos.

Para nós foi unha experiencia fantástica e moi gratificante.

Ademais, quixemos facer a nosa pombiña  Dona  Paz, usando algún material de refugallo, culleres de plástico.




Rematamos cantando!!! 


Comprometémonos a traballar cada día para conseguir a paz con esforzo e amor.

miércoles, 22 de enero de 2020

lunes, 20 de enero de 2020

A pomba Dona Paz

Para seguir traballando  A PAZ, eleximos este fermoso poema de Ramón Caride e ilustrado por Pepe Carreiro.


A POMBA DONA PAZ

Dedicatoria:
Para os nenos e nenas do mundo porque a PAZ é o seu e único e verdadeiro futuro.

       Dona Paz é unha pombiña
       que vive arrentes do ceo,
       nunha casiña moi linda
       entre as torres dunha igrexa. 

       E cando o día amañece
       vai pasear moi cediño,
       para ver que cousas pasan
       polas prazas e os camiños.

    
   Voando pola cidade 
   viu xente que nada tiña
   e que durmía nas rúas
   na friaxe da invernía.

     Logo viu outros moi ricos
     aos que todo lle sobraba.
     Estragaban a comida
     que aos pobres lles faltaba.


      
    Viu máquinas abraiantes   
    traballando sen parar, 
    botando asfalto e cemento
    case en calquera lugar.

     Viu sumidoiros noxentos
     que ían parar aos ríos,
     os mares cheos de lixo
     e as fragas pasto do lume.

     E chemineas fumegantes
     botando un aire moi negro.
     Máis a ninguén lle importaba
     se daban moito diñeiro.

     
Viu fábricas de armamentos
que producían arreo.
Mandando ás guerras de lonxe
os artefactos da morte.
                                                      
         E os que fuxían destas guerras
de fame e doutras miserias,
andaban centos de quilómetros
para salvar os seus fillos.


         Xentes que arriscaban a vida
para cruzar as fronteiras,
a procura dun traballo
e dun futuro mellor.


        
         Viu mulleres maltratadas
as que todo se lles negaba
e que viven esmagadas
baixo tanta imposición.

 E o que máis arrepío
 lle deu aínda a Dona Paz,
 foron os nenos da rúa
 que a ollaban sen mirar.

  Eran nenos de ollos tristes
  que nunca foran á escola.
  Nunca tiveron xoguetes
  e xamais foron á praia.


Onde quera que mirase
vía Dona Paz problemas,
vía inxustizas e abusos.

O afán por chegar a ricos
non deixa cousa con cousa!
Raio!
Que feo está o mundo!


O fermoso que sería
Se todos fosen amigos
e non estragasen tanto!
Vou ver se falo con eles!


E tentar, tentou facelo…
Dona Paz falou con todos.

Pero os homes enleados,
so pensaban no diñeiro,
no poder e máis na fama.

Dona Paz sufría e sufría,
e, a cada paso choraba,
porque os homes poderosos,
non lle facían ningún caso.

Non pensaban en ninguén.
Querían todo para eles!



Xa sei! Falarei coas nenas
e os nenos do mundo enteiro.


Polo seu futuro,
non renunciarei!
Seguro que eles poden
escoitar moito mellor!



lunes, 13 de enero de 2020

domingo, 12 de enero de 2020

Día da Paz e Non Violencia

A primeira celebración deste ano 2020, vai ser o vindeiro 30 de xaneiro, día no que celebraremos O Día da Paz.

Pero, que é a Paz?


Paz from fina3

No blog iremos pondo entradas para traballar e celebrar nun xeito especial esta data tan importante, e que traballamos ao longo de todo o curso.
Comezamos con esta canción!




domingo, 5 de febrero de 2017

Día da Paz

Este ano celebramos o Día da Paz dun xeito diferente. Como estamos inmersos na PDI " Viajamos polo mundo, decidimos investigar como se di Paz nos distintos países, participar na canción Baile da Paz de Mamá Cabra e ... mirade o resultado.


sábado, 31 de enero de 2015

Celebramos o Día da Paz!

Despois de unha semana cargadiña de actividades, vídeos e contos... celebramos o Día da Paz!

viernes, 30 de enero de 2015

Malala

Unha poesía dedicada a Malala

Su nombre, Malala,
ha nacido en Pakistán
y lucha por sus derechos
desde tierna edad.

Sus grandes y negros ojos,
escondidos en un "Hiyab",
su mirada valiente
transmitiendo esperanza total.

Hija de maestro,
en cada respiró igualdad,
esa misma que ahora
le han querido arrebatar.

una mano cobarde
de los que llaman " talibán"
con un cruel disparo
la ha querido callar.

Unamos nuestras manos,
alcemos nuestras voces,
en todas las lenguas
nos haremos escuchar.

Hoy, y mañana más,
todos somos Malala
sin distinción de género
raza o edad
       
       Julio Jiménez Sánchez

Agora que conecesdes mellor a Malala e a  importancia da educación para crear un mundo mellor, teno en conta no teu día  a día porque, con pequenos xestos, entre todos podemos facer que haxa Paz!

jueves, 29 de enero de 2015

lunes, 26 de enero de 2015

Curta: Birthday Boy

Curta animada ambientada na guerra de Corea (1950-1953) dende o punto de vista de Manuk. O contraste entre a realidade e a inocencia do neno está tan ben conseguida que logra que o espectador experimente a súa visión do mundo.

domingo, 25 de enero de 2015

Coñecendo a Malala!

  
Ola rapaces e rapazas de segundo! Durante o primeiro trimestre fíxenme  a vosa amiga. Hoxe quero presentarvos a unha loitadora pola Paz coma min: Malala!

Ben sei que xa a coñecedes un pouquiño pero xuxntos imos a ler este pequeno libriño onde se conta a súa historia. Despios entre todos imos a pensar, compatir ideas, escribilas...





Tamén imos a:
  • Escribir a biografía de Malala
  • Escribir algunha das súas mensaxes.
  • Investigar que premios recibiu
  • Escribirlle unha carta

Malala, unha loitadora de Nobel!

Xa conecedes a Malala verdade? Acordádevos?  Agora, para celebrar o Día da Paz imos a coñecela un pouquiño máis.
Malala, é  unha moza paquistaní á que os talibáns lle dispararon na cabeza no ano 2012 por defender o dereito  das mulleres de asistir á escola .
Foi galardonada co premio Nobel da Paz 2014 pola súa loita contra a opresión dos nenos e os mozos e polo dereito  de todos  os nenos á educación.
Ela dí : " Os nenos deben ir á escola e no ser explotados finacieramente"
A moza ante a masacre do colexio militar en Peshawar onde estudiaba despois de que, con 17 anos, fora disparada por un talibán cando ía  ao colexío no autobús escolar, reacionou con este sincero lamento:" Teño o corazón roto por este sensentido e acto de sangue fría" tamén dixo:" Condeno esta cobarde atrocidade cometida en contra de nenos inocentes sentados nos seus pupitres, pero nunca nos vencerán 

Imos a escoitar o seu descurso, estade moi, moi atentos o que dí.



Este é o seu desexo: Un neno, un mestre, un lapis e un libro poden cambiar o mundo. A educación é a única solución. Malala Yousafzai