lunes, 3 de febrero de 2020

Celebramos o Día da Paz

Así foi como celebramos o Día da Paz

Todos sabemos que a Paz está moi relacionada co amor, así que  este ano aprendemos unha fermosa canción" Quérote máis" de  O sonoro Maxín .
Durante toda a semana estivemos aprendéndoa seguindo as indicacións do vídeo feito no CEIP Escultor Acuña na lingua de signos.

Para nós foi unha experiencia fantástica e moi gratificante.

Ademais, quixemos facer a nosa pombiña  Dona  Paz, usando algún material de refugallo, culleres de plástico.




Rematamos cantando!!! 


Comprometémonos a traballar cada día para conseguir a paz con esforzo e amor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario