martes, 17 de marzo de 2020

Autoavaliación de C. Naturais


CONVÉRTETE EN MESTRE OU MESTRA POR UN DÍA!

Ti mesmo/a vas avaliar as túas aprendizaxes, dun xeito moi sinxelo. Verás, as mestras sabemos que estas repasando moito o caderno de Ciencias da Natureza, concretamente dende a páxina 2 ata a 10. Por iso, chegou o momento de que escollas a opción correcta en cada caso. Desta forma, valorarás todo o que xa sabes.
Preparado/a? Presta moita atención antes de comezar. Sigue os pasos precisos:
  1. Pincha na imaxe para poder ver a autoavaliación completa.
  2. Le ben a pregunta e logo anota a opción que consideres correcta na libretiña de cores.
  3. Colle o cadernillo e comproba se as túas respostas son as correctas.
  4. Ponte a nota, cada pregunta vale 0,75 puntos menos a curiosidade que vale 1 punto.


BO TRABALLO! QUE ORGULLOSAS ESTAMOS DE TI! SEGUE ASÍ!

Tiveches dúbidas nalgunha pregunta? 
Se a resposta é afirmativa, debes recorrer ao caderno de Ciencias da Natureza, nel atoparás as respostas as túas inquietudes.
Non te esquezas de repasar os contidos, aínda que hoxe non tiveses dúbidas, xa que á volta as mestras e os teus compañeiros/as quererán saber canto sabes. 
Se che apetece, tamén podes indagar sobre algún animal e recollelo no teu caderno de cores. Así, a volta, ensínasnolo!
Estaremos encantadas/os de escoitarte e aprender contigo!

Case se nos esquece! Mañá poremos a opción correcta de cada pregunta!!!

Unha aperta virtual!

No hay comentarios:

Publicar un comentario