Que tal estades? Sabemos que un pouco inquedos por ter que estar na casa tanto tempo.
Hoxe imos facer algo para alegrarlle o día a papá e mamá.
Ides a describir e retratar a un deles, elixides vós. Despois podedes envolvelo nun papel que teñades pola casa, e agasallalos. Que sorpresa van levar!
Recordamos como o faciamos!!! So tes que ler un chisquiño as páxinas, 5, 6, 7, 8 e 9 deste SlideShare que tedes debaixo.
Agora, convertédesvos en pintores e escritores, como sabedes facer tan ben.
Recorda: facelo despaciño, con boa letra e usando as maiúsculas e os puntos. Pinta moi amodiño e ben.
As mestras, estamos seguras que o ides facer como nunca!!!!
Unha presentación moi útil para traballar a descrición, Mª José. Grazas por compartila. Unha aperta e boa semana.
ResponderEliminarPara eso estamos para compartir e axudarnos na nosa tarefa diaria. Biquiños
Eliminar