Como ben sabedes, os xornalistas fan moitas preguntas para logo contarnos as novas.
Cando queremos preguntar algo temos que empregar o signo de interrogación (?)
Exemplos:
Queres ler?
Tes fame?
Que pensas dos xogos novos do patio?
Prestade moita atención a este vídeo!!!
Agora, é o momento de ver a utilidade do signo interrogativo na vosa vida diaria.
Xornalistas, a practicar!!!
Inventa unha pregunta e failla a un familiar.
Pensa que pregunta lle farías a:
- Un xornalista que informa sobre o Coronavirus.
- Unha doutora que traballa nas urxencias do hospital Alvaro Cunqueiro.
- Á caixeira dun supermercado.
Escribe as preguntas e as súas respostas no caderno de cores.
Non te esquezas de por a data, facelo con boa letra e a resposta utilizando a propia pregunta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario