domingo, 15 de marzo de 2020

Sabemos que é o coronavirus?

SABEMOS QUE É O CORONAVIRUS? QUE PODEMOS FACER PARA COMBATER AO VIRUS DENDE A NOSA CASA?

Queridos rapaces, como xa sabedes, estaremos un tempo sen vernos por un virus chamado Coronavirus. Pero sabemos en que consiste ese virus? Imos aprender un pouquiño sobre el.



Moi ben rapaces! No vídeo, fálase de tres regras que temos que cumprir todas e todos. A segunda é lavarse as mans. Pero ti sabes se o están facendo ben? Compróballo!!


Que ben! As mestras de segundo estamos segurísimas que agora xa sabes como lavar as mans correctamente. Noraboa! Que orgullosas estamos de ti!

Que che parece se agora facemos un pequeno experimento? Só precisas, un recipiente (un prato por exemplo), auga, pementa negra e xabón.

Os pasos a seguir, son os seguintes:

1º Collemos o material necesario para desenvolver o experimento.
2º Vertemos auga no prato.
3º Botamos unha pouca de pementa negra no prato e mesturámola coa auga.
4º Introducimos un dedo e observamos que pasa.
5º Lavamos as mans con xabón, tal como aprendemos no vídeo anterior.
6º Volvemos a introducir un dedo con xabón no prato.

Que sucedeu? Abraiado/a? 

Agora podes ver un vídeo dun neno facendo ese mesmo experimento. Comproba se el e o adulto que o acompaña chegaron a mesma conclusión que ti.



Como podes observar, dende a túa casa podes combater ao virus. Confiamos en ti!!

SÚMATE AO RETO " QUEDA NA CASA "

Pero, recorda non estamos de vacacións. Cada día fai a túa tarefa e estuda.

Unha aperta virtual das mestras de segundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario