Mostrando entradas con la etiqueta Repaso Lingua galega2º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Repaso Lingua galega2º. Mostrar todas las entradas

viernes, 8 de mayo de 2020

martes, 17 de marzo de 2020

Retratamos a papá ou a mamá

Ola rapaces e rapazas!!!

Que tal estades?   Sabemos que un pouco inquedos por ter que estar na casa tanto tempo.

Hoxe imos facer algo para alegrarlle o día a papá e mamá.

Ides a describir e retratar a un deles, elixides vós. Despois podedes envolvelo nun papel que teñades pola casa, e agasallalos. Que sorpresa van levar!

Recordamos como o faciamos!!! So tes que ler un chisquiño as páxinas, 5, 6, 7, 8 e 9  deste SlideShare que tedes debaixo.




Agora, convertédesvos en pintores e escritores, como sabedes facer tan ben.

Recorda: facelo despaciño, con boa letra e usando as maiúsculas e os puntos. Pinta moi amodiño e ben. 

As mestras, estamos seguras  que o ides  facer como nunca!!!!