lunes, 18 de mayo de 2020

Describimos animais

Imos repasar a descrición dun animal. (Describe o animal que parece no capítulo de Alicia)

Primero temos que pensar ben e anotar:




  • Que animal é?
            Como se chama, a que grupo pertence...
  • Como é?
             Tamaño: grande, pequeno, diminuto, enorme....
             De que cor é? Gis, verdoso, laranxado....
             De que ten cuberto o seu corpo: plumas, pelo...
             Ten: ás, patas, pico, fuciño.....
  • De que se alimenta? pan, peixes, insectos.......
  • Como se despraza? saltando, voando.....
  • Onde vive?selva, granxa, río.....
  • Que lle gusta?
  • Como é o seu carácter?observador, tranquilo, gruñón....

Agora, imos a describir a un sapo. Fíxate ben, debes separar as diferentes partes con punto a parte.


O sapo Bulebule, naceu fai oito anos no bosque preto da miña casa. Mide uns nove centímetros de longo. Chama a atención as súas patas traseiras, son máis longas cas dianteiras.

Na súa cabeciña destacan uns ollos enormes  e saltóns. A  boca é pequena cuns diminutos dentes que semellan botóns. Tamén ten unha lingua longa e pegallenta  que se serve para atrapar as súas presas.

A cor verdosa da pel da arrepíos, parece que está cuberta de verrugas. Cando a tocas e rugosa e seca.

Cada certo tempo, encántalle cambiar a pel. A súa comida favorita son os insectos e os vermes .Pasa algún tempo tomando o sol.

Este pequeno animal é moi observador. Asústase con facilidade e escóndese debaixo das follas, desde as que gasta bromas aos rapaces que pasan por alí.
Pero, é moi, moi bo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario