Mostrando entradas con la etiqueta Traballos na casa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Traballos na casa. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de mayo de 2020

Describimos animais

Imos repasar a descrición dun animal. (Describe o animal que parece no capítulo de Alicia)

Primero temos que pensar ben e anotar:




  • Que animal é?
            Como se chama, a que grupo pertence...
  • Como é?
             Tamaño: grande, pequeno, diminuto, enorme....
             De que cor é? Gis, verdoso, laranxado....
             De que ten cuberto o seu corpo: plumas, pelo...
             Ten: ás, patas, pico, fuciño.....
  • De que se alimenta? pan, peixes, insectos.......
  • Como se despraza? saltando, voando.....
  • Onde vive?selva, granxa, río.....
  • Que lle gusta?
  • Como é o seu carácter?observador, tranquilo, gruñón....

Agora, imos a describir a un sapo. Fíxate ben, debes separar as diferentes partes con punto a parte.


O sapo Bulebule, naceu fai oito anos no bosque preto da miña casa. Mide uns nove centímetros de longo. Chama a atención as súas patas traseiras, son máis longas cas dianteiras.

Na súa cabeciña destacan uns ollos enormes  e saltóns. A  boca é pequena cuns diminutos dentes que semellan botóns. Tamén ten unha lingua longa e pegallenta  que se serve para atrapar as súas presas.

A cor verdosa da pel da arrepíos, parece que está cuberta de verrugas. Cando a tocas e rugosa e seca.

Cada certo tempo, encántalle cambiar a pel. A súa comida favorita son os insectos e os vermes .Pasa algún tempo tomando o sol.

Este pequeno animal é moi observador. Asústase con facilidade e escóndese debaixo das follas, desde as que gasta bromas aos rapaces que pasan por alí.
Pero, é moi, moi bo!!!

sábado, 2 de mayo de 2020

Uns artistas en toda regra!!!

Boas tardes  artistazos e artistazas!!!

Quero dicirvos que estou encantada cos vosos traballos de plástica. 

Sobre todo, porque me seguides sorprendendo coa vosa marabillosa actitude, o voso esforzo, ganas de superación  e imaxinación!

Bravo rapazada!!! Ole, ole e ole por todos vos!!!

Esta é a vosa exposición de animais_mans, collage e xoguetes fabricados coas vosas mans. Unha marabilla!!!













Xogando!


jueves, 30 de abril de 2020

Tarefas 2º A Xoves 30 abril

Bos días chic@s!

Xa chegamos o último día desta semana!

Unha menos para volver a vernosss. Xa o estamos desexando todos!!!

Recorda: Le despacio e ben antes de comezar a facer cada exercicio, para, pensa e logo resolve.

Ánimo, que son chupadas!!!!




Plástica: Elixe unha destas tarefas e ponte mans a obra!

a) Animales feitos coas túas mans ( clicla na imaxe para ver como se fai)



b) Caricaturas con anacos de papeis

















c) Fabricar xoguete



miércoles, 29 de abril de 2020

Tarefas 2º A Mércores 29 de abril

Bos días rapazada!

O paseo de onte, estupendo, a que sí? Seguro que máis de un ten maniotas de tanto correr, saltar.... Pero que ben vos senta!!!

Xa estamos na metade de semana, e as tarefas de hoxe van ser moi fáciles!!!

Estades preparados?




Ficha Lengua Castellana: Pasatiempos 




Ficha C. Naturais



Valores: Super Pepo e o xardín dos desexos (Entrada no Baúl)

Super Pepo




Escríbelle  unha nota a un amigo para contarlle o que aprendiches neste vídeo.

Bo traballo rapaces!!!

martes, 28 de abril de 2020

Experimentamos!

Na lectura de hoxe, saía un experimento. Algúns mandádesme a vosa experiencia!

Roi desfruta experimentando!!!

Irene, parece que ten frío!


Emma e  a súa  fabulosa experiencia!


Estupendo traballo!!! Sodes especiais!

Tarefas 2º A Martes 28

Bos días rapaces!!!

Que ben vos están sentando eses paseos, verdade?

Como me alegro! 

Pero, como sodes moi responsables e traballadores, as tarefas de hoxe, seguro que as ides facer nun plis, plas!

Veñá, a por elas!!!


Ficha 6 repaso


Un abrazo enorme!!!!

lunes, 27 de abril de 2020

Tarefas 2ªA Luns día 27

Ola Rapazada! Todos ben?


Agora xa podedes saír a dar uns paseíños pola rúa! Que marabilla!!!  Non vos esquezades de cumplir as normas. Vale?
Como estades moi, moi ledos do voso paseo de onte, ben seguro que estades desexando volver hoxe!


Esta semana cada curso imos ter tarefas diferentes. Fixádevos ben na que vos corresponde!!! 

E coma sempre, se tedes dúbidas, consultarme e o rematalas, enviádeas ao correo.



Mi primer paseo!
Escribe en cinco, seis  frases como fue ese primer paseo: A donde fuiste, que hiciste, como te sentiste después de tantos días na casa,....  Puedes hacer un dibujo si quieres!

Matemáticas     Ficha 5 repaso


Veña, rapaces!!!! Seguro que o voso traballo vai ser estupendo.

domingo, 26 de abril de 2020

Fichas 2ºA semana 27-30 abril

Bos días rapaces e rapazas!!!

Hoxe seguro que estades impacientes polo voso merecido premio: UN PASEO!

Que ben!

Para as familias de 2º A que queiran fotocopiar as fichas desta semana, van todas xuntas neste documento. 





Recordo que non é preciso fotocopialas, pódense facer nunha libreta, folio... pondo a data o nome  e o número de cada exercicio.