Boas tardes artistazos e artistazas!!! Quero dicirvos que estou encantada cos vosos traballos de plástica. Sobre todo, porque me seguides sorprendendo coa vosa marabillosa actitude, o voso esforzo, ganas de superación e imaxinación! Bravo rapazada!!! Ole, ole e ole por todos vos!!! Esta é a vosa exposición de animais_mans, collage e xoguetes fabricados coas vosas mans. Unha marabilla!!!
Por se queres enredar un pouquiño, deixámosvos este pequeno taller de manualidades. Pincha na imaxe e tes as indicación e plantilla necesarias para facelo.