Mostrando entradas con la etiqueta Día da muller traballadora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da muller traballadora. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de marzo de 2020

Conto: Maruxa

Ola rapaces! Como vai todo? Seguro que todo xenial!!!

Seguro que estades facendo as tarefas que vos temos encomendadas. 

As mestras gustaríanos moito que escoitáredes este conto, estamos seguras que ides a darvos conta dalgunha cousiña que podedes facer coa vosa familia nestes días que non podemos saír da casa.

Mirade este vídeo e prestade atención porque despois tedes que contestar  oralmente a unhas preguntiñas. Se te poden escoitar as respostas mamá, ou papá ou un irmá mellor. Se non fose posible, faino igual porque sabemos que vas ser responsable.



Este conto, está en prosa ou poesía?
Quenes son os protagonistas?
Que traballos fai a muller?
Que lle pide o home?
Os ingredientes necesarios para facer o pan son....
Para que serve o fermento?
Maruxa fixo o pan? 
Que aprendiches con este conto? 
Pensa, ti fas o mesmo, pides e pides ou axudas e colaboras?

domingo, 8 de marzo de 2020

Conmemorados o Día da Muller traballadora

Mamás e papás, antes de nada queremos felicitar a todas as mulleres que nos  visitan  en este 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.

O día da muller trabállamolo todos os días do ano, pero nesta data, sentimos a necesidade de reflexionar sobre a importancia do mesmo na nosa sociedade.

Nós estivemos traballando a importancia  das mulleres da nosa vida. Nalgunhas ocasións non somos conscientes da gran labor que desenvolven, sen recibir nada a cambio.



O enfoque  do traballo foi similar nas dúas aulas. Foi unha actividade moi interesante e construtiva na que tivemos que relacionar  a esa muller tan especial coa súa cor ou debuxala e escribirlle porque  é tan especial na súa vida.





Bo traballo rapaces! E a seguir sendo cada día diferentes pero IGUAIS!

viernes, 6 de marzo de 2020

Recursos:Día da muller traballadora

Como estamos chegando ao Día Internacional da Muller Traballadora, aquí vos deixo este Symballo con recursos e un divertido rap

http://www.symbaloo.com/mix/diadamullertraballador1


Rap

lunes, 2 de marzo de 2020

Día Internacional da Muller traballadora

Chegou un mes moi especial! MARZO, porque  o vindeiro día 8 de marzo é o Día Internacional da Muller traballadora. Nós celebrarémolo  ao longo desta semana.

Preguntarédesvos por que  é unha data tan especial?


Por que se celebra este día?


Estade moi atentos e seguro que o descubrides!!!



Agora xa sabedes  que conmemoramos a loita das mulleres por unha sociedade máis igualtaria e xusta.

Imos coñecer a mulleres que cambiaron o mundo!




Agora que coñeces algunha das mulleres que acadaron o inimaxinable, chega o momento de levar a cabo unha actividade moi especial que titularemos:
       "AS MULLERES DA NOSA VIDA "
Fai un debuxo e escribe unha pequena historia desa muller da túa familia da que te sintas orgullos@ e dille: FELIZ DÍA! 

jueves, 12 de marzo de 2015

Día da Muller Traballadora: As nosas mamás

As nosas mamás  son unhas mulleres moi traballadoras son: taxistas, enfermeiras, cociñeiras, mestras, costureiras, peluqueras, niñeiras.... cada día con nós. Con este pequeno vídeo, querémoslle recoñecer o súa dedicación a nós e dicirlles o moito que as queremos.

domingo, 8 de marzo de 2015

A historia dos bonobos con gafas

A historia dos bonobos con gafas é unha fermosa historia da autora Adela Turín, que loita pola superación da muller nunha sociedade machista, pretende eliminar definitivamente os estereotipos sexistas e a discriminación da muller e construir un mundo mellor

Este libriño está feito por Ana Martínez. Escoitadeo moi, moi atentos e facede as actividades que  propón.


viernes, 6 de marzo de 2015

Conto: "Unha familia moi normal"

Como sabedes, o 8 de marzo, é o Día Internacional da Muller traballadora.  Unha boa maneira de celebralo é ensinando aos rapaces a importancia deste día mediante este fermoso conto que potencia a corresponsabilidade no fogar. Porque... axdar no fogar e MOI NORMAL! Pinchade na imaxe e veredes o conto " Unha familia moi normal"

sábado, 28 de febrero de 2015

8 de marzo, Día Internacional da Muller traballadora

O próximo día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller traballadora.


  • Sabedes por que se escolleu ese día para celebralo?
  • O 8 de marzo coñécese como Día Internacional da Muller traballadora, en homenaxe ás mulleres        asesinadas nunha empresa textil de Estados Unidos en 1908 mentras defendían os sues dereitos          laborales como persoas. A fábrica foi incendiada.
  • Quen propuxo eses día?

         Ese día  o propuxo Clara Zetkin, en 1910 durante o segundo encontro internacional de mulleres          socialistas en Copenhagne, para homenaxear ás mulleres obreiras que deron a súa vida  para                esixir mellores condicións laborais.
  • Que pedían as mulleres?
  • As mulleres pedían  e seguen pedindo os seus dereitos: igualdade de horario, de salario, que non as discriminen...