Mostrando entradas con la etiqueta As nosas montaxes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta As nosas montaxes. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de marzo de 2015

Colle unha poesía !

Xa levamos varios días lendo poesías divertidas, de animais, fantásticas, mentireiras...., tanto en galego como en castelán.


Escribímolas e deixámolas nuns sobres polo pasillo, polas escaleiras.....So tedes que collelas e lelas!!! 


martes, 17 de marzo de 2015

Debuxos con vida!

O profe Alfonso estivo con nós facendo estos debuxos que logo cobraron vida. Mirade que chulos!

Hai unha poesía para ti

Para celebrar o Día da Poesía, a chegada da primavera, do bo tempo ... os nenos de segundo acordamos facer algo entre todos.

Cada un de nós escollemos unha poesía que nos gusta, escribímola  e  compartimola con todos os nosos compañeiros e mestres do cole.

Imos metelas  dentro dos sobres que están na aula, no pasillo e chegaremos con elas hasta a biblioteca.

Empezamos!

  •  Fomos a biblioteca a buscar poesías.

jueves, 12 de marzo de 2015

Día da Muller Traballadora: As nosas mamás

As nosas mamás  son unhas mulleres moi traballadoras son: taxistas, enfermeiras, cociñeiras, mestras, costureiras, peluqueras, niñeiras.... cada día con nós. Con este pequeno vídeo, querémoslle recoñecer o súa dedicación a nós e dicirlles o moito que as queremos.

miércoles, 11 de marzo de 2015

Charla: Todos reciclando no cole!

Hoxe os nenos de 6º, déronnos unha charla sobre a reciclaxe do papel. Foi moi interesante e aprendemos a regla das tres erres: Reduce, recicla e reutiliza.



Estivemos moi atentos!



Xa empezamos a reciclar na clase: recollemos o mural do pasillo e os debuxos  das paredes, metémolos na caixa de reciclaxe que nos deixaron.

sábado, 7 de marzo de 2015

Eu son Rosalía

Seguindo a proposta da Asociación de escritores e escritoras en lingua galega, para conmemorar o Día de Rosalía co lema " Eu son Rosalía, nós  quixemos sumarnos a esta iniciativa e aportar o noso gran de area,


miércoles, 4 de marzo de 2015

Coñecendo animais!

Estamos coñecendo moitis animais, as súas características, costumes, curiosidades...
Como nos gusta buscar información, facer xogos.... na aula de informática!!!!

viernes, 19 de diciembre de 2014

miércoles, 26 de noviembre de 2014

Unhas vacacións de cine!

O noso compañeiro Marcos acaba de contarnos as súas vacacións!
Fixo un diario onde foi anotando que lugares visitaba cada día. Visitou Coruña, alí foi a Casa das Ciencias e o planetario.En Asturias coñeceu o teatro Campoamor, fíxose unha foto con Mafalda, foi a un parque temático de dinosaurios, a un acuario...
Gustounos moito e que ben nolo contou! Grazas Marcos!

martes, 25 de noviembre de 2014

Coñecemos as angulas!

Hoxe, a nosa compañeira Ariazna, trouxo a clase unhas angulas que pescou seu pai. Contounos moitas cousas sobre elas.


viernes, 21 de noviembre de 2014

Semana dos Dereitos do Neno

Esta semana, estivemos coñecendo os Dereitos dos nenos coa axuda da nosa amiga Mafalda e a súa pandilla. Tamén vimos vídeos, lemos contos, preguntamos o que non entendíamos, debatimos...
Aprendemos que hai moitos nenos que non teñen o básico: alimentación, familia, fogar, escola, sanidade...

jueves, 20 de noviembre de 2014

As coballas de 3º A

Os nenos de 3º A invitáronos a súa clase para que coñeceramos as coballas de Jesús. Alí estaban, nunha enorme xaula, a mamá e dúas crías. Vimos como mamaban, que comían e como a mamá os protexía co seu corpo. Jesús explicounos que comían, as costumes e algunha anectoda! Gracias por compartir connosco a experiencia.

martes, 14 de octubre de 2014

Lemos con Mafalda

Despois de investigar quen era Mafalda, aprender moitas cousas da súa vida,  lemos  o libro que recolle toda a información.

O noso recuncho de lectura con Mafalda

Xa temos o noso recuncho de lectura preparado! A protagonista Mafalda! Ten unhas normas que nos enviou, tamén aos seus amigos e uns pouquiños libros que seguro irán aumentando pouquiño a pouco