Por fin está listo o segundo vídeo homenaxe a Rosalía de Castro. Os alumn@s de 2º de primaria, seguindo o lema " Eu son Rosalía" estivemos lendo algunhas das súas poesías e gustáronnos estas.
Esperamos que as desfrutedes!
TEMARIO LENGUACASTELLANA
- Página principal
- O BAÚL DE TERCEIRO
- O BAÚL DE CUARTO
- O BAÚL DE QUINTO E SEXTO
- Vídeos
- LIM
- BAÚL DE JUEGOS
- SAÍDAS
- TITORÍA 2º
- VALORES
- SYMBALOO
- CURIOSIDADES
- TEMARIO L. CASTELLANA 2º
- TEMARIO C. NATURAIS 2º
- TEMARIO L. GALEGA 2º
- TEMARIO MATEMÁTICAS 2º
- TEMARIO C. SOCIAIS 2º
- P.D.I. " SALVEMOS O PLANETA"
- CÁLCULO MENTAL
- SERIES NUMÉRICAS
- GALERÍA DE FOTOS 2º
- P.D.I- UNHA PINGA DE AUGA
- P.D.I. COÑEZO O MEU CORPO
- NOVAS 2º
- P.D.I. AS PAISAXES QUE ME RODEAN
- MÚSICA
- JUEGOS MATEMÁTICOS
- P.D.I. ENREDANDO COA XEOMETRÍA
- PROXECTO: O MUNDO ANIMAL
- BIBLIOTECA DIGITAL
- PROXECTO: JOAN MIRÓ
- PROXECTO: A TORRE EIFFEL
- INGLÉS
- E.FÍSICA
Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas
martes, 17 de marzo de 2015
sábado, 7 de marzo de 2015
Eu son Rosalía
martes, 24 de febrero de 2015
Poema Rosalía pequeniña
Representación do poema de Rosalía de Castro
O curso pasado, para celebrar o Día de Rosalia de castro, o meus alumnos representaron este fermoso poema. Seguro que vos vai gustar moito. Desfrutádeo!
viernes, 20 de febrero de 2015
Rosalía, na boca dos nenos
Imos ler estas poesías da nosa Rosalía!
Rosalía, sempre
seguindo unha copliña do pobo, imaxina o que di unha muller na súa casa,
nas primeiras horas da mañán: falar cas fillas pequeñas, cando as lava no
pilón da fonte; despóis, sobre a comida: os figos, os ovos…, logo cos animais
criadoiros da casa: os cans, as galiñas, o gato…
Mesmo estáse a escoitar a leria e as troulas da paroleira.
|
I
Vente, rapasa,
vente, miniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.
Vente, Minguiño,
Minguiño, vente;
douche sinón
polo demo do dente.
¡Que auga tan limpa!
¡Que rica frescura!
Vente a lavar,
que é un primor criatura.
Válgame Dios,
que si auguiña n´houbera,
lama este corpo
mortal se volvera.
Vinde a lavarvos,
andá lixeiriños,
a cara primeiro,
dimpóis os peíños.
¡Ai! ¡qué miniña!
¡Que nena preciosa!
Despois de lavada
parece unha rosa.
I este miniño
que teño no colo,
dempois de lavado
parece un repolo.
¡Ai! ¡ qué tan cuco!
¡Ai! que saantiño!
Ven ós meus brazos,
daréiche un biquiño.
¡Cariña de meiga!
¡Apértame ben,
corasón de manteiga!
Corre, corre
a que Antona te peite;
corre, daráche
unha cunca de leite.
Corre, corre
a teu pai, Mariquiña,
que come cebola
con pan e sardiña.
II
¡Válgate Dios,
que inda os figos son duros!
¡Mais qué fartiña
en estando maduros!
El e mais eu
i a comadre de abaixo
hemos de ter
que alargar o refaixo.
Rica figueira,
que Dios te bendiga,
que hasme, abofé
de fartar a barriga.
¡Jei!, o dos ovos
que vas de camiño,
¿cantas duciñas
topaches no niño?
¡ Unha nomáis!
¡ Non me teño ca risa!
Ése éche un conto
que vai para a misa.
Dame acá eis,
que un fricol che faría
que ó mesmo rei
que envidiar lle daría.
Xan que non qués,
no camiño che colla
vento de vira
cun saco de molla.
III
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Symbaloo Rosalia
Poema de Rosalía
Algúns din ¡miña terra!
Din outros ¡meu cariño!
I este, ¡miñas lembranzas!
I aquel, ¡ou, meus amigos!
Todos sospiran, todos,
por algún ben perdido.
Eu só non digo nada,
eu só nunca sospiro,
que o meu corpo de terra
i o meu cansado esprito,
adondequer que eu vaia
van comigo.
Rosalía de Castro
(Follas novas, 1880)
Din outros ¡meu cariño!
I este, ¡miñas lembranzas!
Todos sospiran, todos,
por algún ben perdido.
Eu só non digo nada,
eu só nunca sospiro,
que o meu corpo de terra
i o meu cansado esprito,
adondequer que eu vaia
van comigo.
Rosalía de Castro
(Follas novas, 1880)
A vida de Rosalía de Castro
Imos coñecer a unha das poetisas máis importantes de Galicia: Rosalía de Castro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





