Mostrando entradas con la etiqueta O Magosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O Magosto. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de noviembre de 2019

Celebramos o magosto

Por fin, o tempo deunos unha tregua e poidemos celebrar o magosto, esta festa que tanto nos gusta e coa que desfrutamos unha morea!









De seguido comezaron os xogos!














E chega o momento máis esperado!  


A pintarse!






Que ben o pasaron!!! Para o ano repetimos!!!

viernes, 8 de noviembre de 2019

Traballamos O Magosto!

Na entrada anterior do magosto, xa vos diciamos que estiverades moi atentos para ver que pasaba coas castañas reciclonas.

Todo  estaba preparado para celebrar hoxe o magosto, pero a choiva impedíunolo.


Pero nós, seguimos adiante coa nosa teima de  escribir uns diálogos, relacionados co magosto, entre as castañas.

Os alumnos de 2º B, presentan xenial diálogo!



O cativ@s de 2º A, igualmente queren ensinarvos o seu, que por certo, tamén é maravilloso!


E así quedou o noso castiñeiro de castañas parlanchinas!




As profes temos que dicir que  estamos moi, moi contentas co seu traballo e esforzo! 

Sentímonos encantadas!!!

Moi ben rapazada!!  Seguide así de traballadores !!! 

jueves, 7 de noviembre de 2019

Preparando a celebración do magosto

Xa estamos moi pretiño do 11 de novembro, festividade de San Martiño. Nesta data é tradicional celebrar o magosto en Galicia.

Nós, estamos facendo unhas castañas, usando diversos materiais de reciclaxe: papeis vellos, lanas, pelos dos muestrarios de perruquería...










Que faremos con elas?

Estade ben atentos que pronto o saberedes!!!

Canción o magosto do libro 13 lúas

Contos: A castaña catarina e a castaña que rebentou de risa




martes, 5 de noviembre de 2019

O CASTIÑEIRO

Lee y contesta

O castiñeiro é unha árbore de moito tamaño e longa vida, moitos teñen
máis de cen anos e din que algún pasan de mil.
As flores sáenlle no verán e no outono, os froitos que son os ourizos.
No mes de outubro os ourizos empezan a regañar e saen as castañas.
O castiñeiro é unha árbore de folla caduca: as follas cáenlle no outono
e saen en primavera.
A madeira de castiñeiro é dura, por iso, se aproveita para facer mobles,
bocois e trabes.

1º Cantos anos dura un castiñeiro?
______________________________________________________

2º Cando lle saen as flores?
______________________________________________________

3º E, os froitos?
______________________________________________________

4º Como se chaman os froitos do castiñeiro?
______________________________________________________

5º Por que o castiñeiro é unha árbore de folla caduca?
______________________________________________________

Outra festa!

Xa rematou o Samaín pero temos as portas unha nova celebración. Mafalda xa está preparándose!

Que celebraremos?
Por que o sabes?

Como son moi amiga da familia Trebón, deixovos este vídeo para que descubrades que celebración temos que ir preparando!



Planeta Verde (Capítulo 9) from Ronsel de Ideas on Vimeo.

domingo, 25 de enero de 2015

A árbore das castañas

Este é o resultado do voso esforzo na elaboración deseño das curtametraxes para a conmemoración do magosto. Sodes xeniais!
Gracias pola vosa creatividade, ilusión, orixinalidade e ganas de participar.
 Parabéns !

domingo, 16 de noviembre de 2014

Unha andaina para o magosto

Estes días, na porta da clase, foron aparecendo carteis con notiñas, un mapa.



Son as primeiras pistas para a andaina que imos facer o luns, se o tempo nos deixa.
A nota decíanos:
Se a peza queres descubrir
ao cruceiro tes que ir.

Este é o cruceiro. Sabedes onde está? Fixádevos moito para localizalo cando estemos chegando!



Seguro que vai ser un día estupendo! E a volta: MAGOSTO!

martes, 11 de noviembre de 2014

Adiviñas

APRENDE ESTAS ADIVIÑAS:

Ten pelexo coma a xente,
e é moi boa para comer;
chega polo mes de Santos
e todo o ano a tés.

Alto me vexo
no meu capelexo,
por unha risada
quedeime sen nada.

Alto está
barbas ten,
ri e solta o que ten

Altos pais
peludas nais
fillos con peles
adiviña se queres.

No aire se cría,
no aire se ten;
bota unha risada
e perde o que ten.

lunes, 10 de noviembre de 2014

Preparando o mural do magosto!

Xa estamos cos preparativos do magosto!

A Castaña que rebentou de risa

Xa estamos preparando o magosto, a festa da castaña. Nós imos ler este contiño e logo traballaremos un pouquiño sobre el.


Comprensión lectora

  1. Quen ía camiñando coa castaña?
  2. Onde se ía montar a castaña?
  3. A quen levou primero a palla?
  4. Que pasou cando a palla levaba a brasa?
  5. Por que lle deu un ataque de risa a castaña?
  6. Que lle pasou a castaña cando viu eso?
  7. A quen foron buscar para axudar a castaña?
  8. Por que as castañas son de dúas cores?