lunes, 18 de mayo de 2020

Describimos animais

Imos repasar a descrición dun animal. (Describe o animal que parece no capítulo de Alicia)

Primero temos que pensar ben e anotar:




  • Que animal é?
            Como se chama, a que grupo pertence...
  • Como é?
             Tamaño: grande, pequeno, diminuto, enorme....
             De que cor é? Gis, verdoso, laranxado....
             De que ten cuberto o seu corpo: plumas, pelo...
             Ten: ás, patas, pico, fuciño.....
  • De que se alimenta? pan, peixes, insectos.......
  • Como se despraza? saltando, voando.....
  • Onde vive?selva, granxa, río.....
  • Que lle gusta?
  • Como é o seu carácter?observador, tranquilo, gruñón....

Agora, imos a describir a un sapo. Fíxate ben, debes separar as diferentes partes con punto a parte.


O sapo Bulebule, naceu fai oito anos no bosque preto da miña casa. Mide uns nove centímetros de longo. Chama a atención as súas patas traseiras, son máis longas cas dianteiras.

Na súa cabeciña destacan uns ollos enormes  e saltóns. A  boca é pequena cuns diminutos dentes que semellan botóns. Tamén ten unha lingua longa e pegallenta  que se serve para atrapar as súas presas.

A cor verdosa da pel da arrepíos, parece que está cuberta de verrugas. Cando a tocas e rugosa e seca.

Cada certo tempo, encántalle cambiar a pel. A súa comida favorita son os insectos e os vermes .Pasa algún tempo tomando o sol.

Este pequeno animal é moi observador. Asústase con facilidade e escóndese debaixo das follas, desde as que gasta bromas aos rapaces que pasan por alí.
Pero, é moi, moi bo!!!

Tarefas Luns 18 de maio

Olaaa 

Que tal estades? Cheas e cheos de enerxía para comezar a semana? Estupendo!!

Botádelle un ollo á planificación e comprobade que tarefas tedes que facer:

LUNS 18 DE MAIO
Lingua Galega e Literatura

Lectura pax 24
Exercicios
Pax 24 nº 1, 2, 3
Pax 25 nº 4, 5

Ciencias da Natureza

Cadernillo: Alicia
Exercicios
Páx. 25 nº: 6 e 7.
Matemáticas

Cadernillo: Alicia
Exercicios pág: 25 nº: 8 e 9.
E. Física
Entra en Classroom.

Para realizar as tarefas, precisas os materiais que se atopan na entrada denominada “Planificación e materiais: semana do 18 ó 22 de maio”.

Finalmente, non te esquezas de remitirlle a túa titora as mesmas, así poderá efectuarte propostas de mellora e valorar o teu gran traballo.

Unha aperta enorme.

domingo, 17 de mayo de 2020

Planificación e materiais: semana do 18 ó 22 de maio

Bo día mozas e mozos:


A continuación tedes a planificación da semana que está a piques de comezar e posteriormente os materiais para desenvolver as tarefas. 

Non vos esquezades que tedes que manter unha rutina diaria, deste xeito optimizaredes esforzos e os resultados serán mellores.

1. Planificación:



2. Materiais:

Novo: "Los cinco sentidos".


Antigos: Cuadernillo problemas e"Proxecto: Alicia no País das Marabillas".



Unha aperta enorme.

As mestras de 2º de Educación Primaria.





Feliz Día das Letras Galegas!

O NOSO PEQUENO AGASALLO



Espero que gozárades moito do noso pequeno agasallo. Agora queremos que escoitedes o precioso conto "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carballo Calero.



Feliz Día das Letras Galegas!!


viernes, 15 de mayo de 2020

Busca nesta nube de palabras os nomes dos animais

Dentro desta nube de palabras fermosas do galego atoparás o nome de animais. Búscaos e ordeanos alfabeticamente


Palabras que nos engaiolan!!!

Estamos na semana da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.




O noso idioma é tan fermoso, ten unha morea de palabras únicas e que non podemos deixar de usar para non perdelas. 

Durante estes días e a fin de semana parádevos a escoitar, a buscar, a preguntarlle aos maiores algunhas delas. 




A que máis vos guste, escribídea  grande,ben fermosa e facede unha foto con ela!!!

Esta  é a miña!

Agardámolas no correo.

Tarefas Venres 15 de maio


Olaaaa

Estamos a piques de rematar a semana, pero recordade que tedes unha pequena sorpresa na páxina web do centro relativa ó Día das Letras Galegas. Non dubidedes en escribirnos ó correo e sinalarnos as vosas impresións sobre  dita sorpresiña.
A continuación tedes as tarefas para o día de hoxe:
 
VENRES 15 DE MAIO
Lingua Galega e Literatura:

Cadernilo: Alicia
Lectura páx. 20-21.
Exercicios:
Páx. 21 nº: 1, 2, 3 e 4.
Páx. 22 nº: 5
Matemáticas

Cuadernillo: Alicia
Exercicios:
Páx: 23 nº: 7, 8, 9, 10 e11.

Plástica

Cuadernillo: Alicia
Páx. 22
Exercicio nº 6

Música
Entra en Classroom.
 
A continuación atoparedes dúas entradas relativas á Semana das Letras Galegas. Animádevos a facer as tarefas que se sinalan nas mesmas, seguro que pasades un momento moi entretido.

Recordade que os materiais para desenvolver as tarefas atoparédelos na entrada "Planificación e materiais: semana do 11 ó 15 de maio".

Gozade moito do fin de semana.

Unha aperta enorme.
 

jueves, 14 de mayo de 2020

¿Qué es un cómic?

Un cómic es...


Una forma de contar una historia o relato  de forma visual. Los cómic están formados por viñetas y en cada una están las imágenes o dibujos y el texto.

En un cómic empleamos diferentes elementos:
-Viñetas: cada uno de los espacios en el que se divide el cómic.
- Bocadillos: globo que indica lo que dicen los personajes.
- Onomatopeyas: palabras que imitan sonidos. Pueden ir dentro o fuera de los bocadillos. Por ejemplo: ¡Plaf!

Si quieres ampliar información, puedes visualizar el siguiente vídeo:





¡Muy bien! Ahora ya estás preparada/o para hacer la tarea.





Tarefas Xoves 14 de maio

Ola mociños e mociñas:

Que tal? Cansadiñas e cansadiños?
Veña, para ter enerxía é importante ter hábitos saudables: facer cinco comidas ó dia, deporte, irse á durmir moi cediño…
A continuación tedes as tarefas para o xoves 14 de maio:
 
XOVES 14 DE MAIO
Matemáticas:

Cuadernillo: Alicia
Ejercicios
Pág 19 nº 7, 8 e 9.
Lengua Castellana y Literatura

Actividad (Cómic: inventamos una pequeña historia): entrada baúl.
E. Física

Entra en Classroom.
 
Recordade que os materiais para desenvolver as tarefas atoparédelos na entrada "Planificación e materiais: semana do 11 ó 15 de maio".


Unha aperta enorme.

miércoles, 13 de mayo de 2020

Valores Sociais e Cívicos


Las emociones y su importancia en nuestro día a día.


Hoy queremos que veas el siguiente vídeo:



¡Muy bien! Ahora responde a las siguientes preguntas:

  1.  ¿Para qué sirven las emociones? 
  2. ¿Qué sensaciones tienes cuando estás triste?
  3. ¿Qué sensaciones tienes cuando estás contento?
  4. ¿Qué sensaciones tienes cuando estás enfadado?