lunes, 7 de octubre de 2019

Onde podemos atopar auga?


Xa sabemos que as tres cuartas partes da superficie do noso planeta a Terra están ocupadas por auga.

Pedro, onde a podemos atopar?





Imos investigar un chisco, seguro que se prestas moita atención a estes vídeos o descobres rapidiño!
Non te esquezas de anotar o resultado das túas investigación na libreta especial que temos! 





Descubre canto sabes!


¿ Qué hacemos cuando unha palabra no cabe entera en un reglón?

Cuando una palabra no cabe entera al final de un reglón ponemos un guión (- ) y ponemos las demás sílabas en el siguiente renglón.






Recuerda siempre!


Practicamos!!!



Escoge tres palabras trisílabas o polisílabas del bote  y sepáralas con guión de todas las formas posibles en tu libreta

LIM: Comparación de números de dos cifras


domingo, 6 de octubre de 2019

Conto:Gotiña de auga, folerpiña de neve

Lemos e comentamos

Había unha vez unha gotiña de auga que soñaba con chegar a converterse en neve e cubrir de branco as pradarías do campo. Pasaron anos ata que unha gran seca baixou tanto o nivel de auga do lago en que vivía que a nosa gotiña se evaporou, subindo arriba, arriba, ata o ceo. Alí formaba parte dunha pequena nube, e en canto fixo un pouco de frío, buscou a primeira campiña para deixarse caer e cubrila de neve.

Pero só era unha folerpiña de neve, e en canto tocouo chan, apenas pasaron uns segundos antes de derreterse de novo, e alí tocoulle esperar outra vez ata que os raios de sol volveron levala de viaxe ata unha nube branca e repoluda. Alí, sen desanimarse polo seu primeiro fracaso, a gota volveu deixarse nevar en canto puido, pero novamente, ao cabo duns poucos segundos xa se derretera completamente.

Varias veces volveu evaporarse, outras tantas transformouse en folerpiña de neve, e as mesmas veces fracasou no seu intento de cubrir os campos e abas das montañas. Finalmente, foi parar a unha gran nube, onde millóns de gotiñas de auga se amontoaba. A pesar de ser xigantesca, naquela nube estábase bastante incómodo, pois unhas cantas gotas parecían dar ordes a todo o mundo, e as obrigaban entre un gran barullo xuntarse moito:

– As gotas máis grandes abaixo!, as lixeiras arriba!. Veña, veña, veña! non hai tempo que perder....

Entón pensou en deixarse caer de novo, pero unha gotiña simpática e divertida, freouna dicindo:
- ¿ Onde vas?! É que non queres participar?
E ao ver o xesto de sorpresa da nosa gotiña, explicoulle que se estaban a preparar para unha gran nevada.
- A todas as gotiñas que estamos aquí nos encanta ser folerpiñas de neve durante moitos días, por iso xuntámonos nesta nube. Hai anos, intentei varias veces nevar pola miña conta, ata que descubrín que non podería facelo soa. E encontrei esta nube xenial, onde todas axudamos un pouquiño, e grazas a
todos eses pouquiños conseguimos facer as mellores nevadas do mundo!

Pouco despois ambas as dúas gotiñas voaban polo ceo en forma de folerpas de neve, rodeadas de millóns e millóns de folerpas que cubriron as verdes pradarías de branco. E con inmensa alegría comprobou a nosa gotiña, que cando todos colaboran pode conseguirse ata o que parece máis imposible.
                                   
                                        Pedro Pablo Sacristán

Tema 2 Matemáticas


Xustificacion da P.D.I: Unha pinga de auga


LIM: Forma frases en galego


Colle unha frase do bote e escríbea na libreta separando as palabras, non te esquezas de separalas co guión se non che caben no renglón.

    
      Aquelesnenosxogannopatiocoapelotavella.

       Miñanaisaíuadarpaseolongocoasúaamiga.

      Oscativospequenoscamiñanmoidespaiosempre.

      Temosquecoidarmoitodonosoplanetaparasalvalo.

       Imosainvestigarmoitosobreaaugadoplaneta.

      Eselibronovodaaugacomprounomeupaionte.

      Asmiñasorellassonpartedosentidodooídoexterno.

      Aaugaéunelementomoiimportantenanosavida.

      Saboreamosunxeadocosentidodogusto.

   Aaugaéunhasubstanciamoicomúnperomoicomplexa.

   Ossentidosservenparadarnosinformacióndonosoentorno.

   Cosentidodotactosabemoscomosonoscorposquetocamos.

   Cosentidodooídopodemosdistinguirdiferentessons.

sábado, 5 de octubre de 2019

Imos de marcha, de marcha verde!

Hoxe, por fin non chove!

Así que,  imitando a  nena sueca Greta Thunberg que iniciou a loita pola defensa do clima, nos unímonos a ela facendo esta marcha verde.

O primeiro que fixemos foi ensaiar un chisco a formación do noso mural. Tamén fixemos as fotos de grupo.





De seguido, chegaron os nosos padriños e xuntos ensaiamos a canción "  No matéis mi planeta, por favor"


E... chegou o momento de saír cara o Castelo de Santa Cruz!






Ali, atopámonos cos compañeiros dos coles Sinde, e Solanas, e Avelaíña!


Comeza o acto coa lectura dun manifesto!
Entre todos os asistentes cantamos!



Despois chegou o momento que máis nos gustou. Prantar a nosa landra dentro dun zapato vello como símbolo do noso compromiso co coidao e defensa do planeta!







Este é o noso lema!






E quedou así de ben plantado!


Foi unha actividade que nos encantou, ben seguro que recordaremos para a vida!

Xogamos cos nomes


Practicamos con nomes propios e comúns e clasificamos segundo sexan de animais, persoas, lugares e tamén plantas!!




Clasificámolos en masculino e feminino; en singular e plural.




Ampliamos vocabulario, ao tempo que practicamos e interiorizamos o concepto de nome.


                                                                               Foi moi divertido  aprender xogando!

jueves, 3 de octubre de 2019

Que é a contaminación?

Seguimos descubrindo que podemos facer para salvar o planeta.

Descubre que é a contaminación ambiental, como se produce e as súas consecuencias.


Escoita esta canción e le, seguro que descubres algo moi importante.


x

E agora prestade moita atenciónnn 




Seguro que agora xa podedes contestar a estas preguntas.

-Que é a contaminación?

-Que tipos de contaminación hai?


- Que é o cambio climático?

Escribe os resultados das túas investigacións na libreta  especial de cores. O luns explicaredelas aos vosos compañeiros.