martes, 31 de marzo de 2020

Unha sorpresa!

O noso compañeiro Samuel, como sabedes, está de cumple e faltálle o último agasallo. O da profe!

Queredes saber que é verdade?

 Mirade ben a sopresa que levou!



Mil grazas a Policía Local e as bombeiros pola súa colaboración!!! Sin  elles este fermoso agasallo non sería posible.

PARABENS  SAMUEL!!!

Novidades: GaliciaLe


Queridas nenas e nenos:

Temos unha importante novidade para todas e todos!! 

A plataforma GaliciaLe de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura  acábase de abrir a todo o público. 
Polo que teredes ao voso alcance todo o catálogo da mesma, o cal dispón de máis de 4.500 obras.


Podedes acceder á mesma, tedes que entrar a través da plataforma GaliciaLe:


Para máis información, poñemos a vosa  disposición o seguinte vídeo:



A GOZAR DE TODOS OS RECURSOS QUE OFRECE!!

Cumple

Hoxe é un día especial!

A pesares de non poder saír da casiña para estar xuntos, xogar, correr... , nada nos impide xuntarnos,virtualmente  claro está, para desexarlle un feliz aniversario a Samuel.

SAMUEEEEL!!!   
                             PINCHA NA IMAXE!!!    
                                                        VEÑA!!!


E agora escoitaaaa




Tarefas 31 de marzo

Ola rapazas e rapaces:

2ºB
Aquí tedes as respostas a folla de autoavaliación das páxinas 5, 7, 10, 11, 12, 13 e 15 do bloque “A localidade” da materia de Ciencias Sociais:

1: A
2: B
3: B
4: C
5: A
6: A
7: C
8: A
9: B
10: A


Estou segura de que os resultados son fantásticos!

Non vos esquezades de revisar a planificación de 2ºB (atoparédela nas entradas anteriores) para desenvolver a tarefa que corresponde ao día de hoxe. É dicir, a páxina 3 e 4 da ficha de repaso de matemáticas. 

Anímovos a remitir os resultados  de ambas tarefas mediante o correo electrónico. Así, valorarei de xeito individual cada tarefa. Graciñas!

Unha aperta virtual.

Tarefa para o día 31 de marzo

Bos días! Que tal vos vai mozos e mozas?

Estou segura que fenomenal!!!

Comezamos!

2º A

Colle a folla onde fichexes a autoavaliación de C. Sociais e corrixe se é preciso. Estas son as respotas:


1: A
2: B
3: B
4: C
5: A
6: A
7: C
8: A
9: B
10: A

Agora colle as fichas de matemáticas e correximos tamén


b)


Datos
Manzanas   10
Tomates    5
Plátanos   20
Mandarinas   15

Operaciones

10 + 5 + 20 + 15 = 50
Respuesta   La tía Marisa compró 50 frutas



c)
Datos
Plátanos   20
Mandarinas    15

Operaciones

20 – 15 = 5
Solución:
Compró 5 plátanos más que mandarinas




d)
Datos
Tomates    5
Manzanas   10
Operaciones
10 – 5 = 5
Respuesta
Compró 5 tomates menos que manzanas


2.- 

3.- Ordena de menor a maior
210 < 593 < 604 < 792

4.- Escribe 
792        Setecientos noventa y dos
604        Seiscientos cuatro
210        Doscientos diez
593        Quinientos noventa y tres.

Buen trabajo!!!

E agora imos facer o traballo de hoxe.

C. Sociais
  • Repasa as preguntas que non tiveches ben.
  • Debuxa o teu lugar favorito da túa localidade
Lengua Castellana

Ficha repaso. Clica en la imaxe para verla completa. Recuerda que no es necesario descargala, puedes hacerla en un folio, en la libreta de colores, en un cuaderno que tengas por  casa...


Escribe un pequeño texto contando lo mejor de este fin de semana.


lunes, 30 de marzo de 2020

Conto: Animais domésticos

Xa estou de volta aquí!

Acordádesvo da profe Lucia na biblioteca? Seguro que algún non. Para os que non a recordan e para os que non a coñecen querémosvola presentar.

Esta é Lucia, unha gran amante dos libros e das bibliotecas.

Encántalle contar contos e ler!!!
Desde agora, vai colaborar con nós contándonos contos, enviándonos outros para que leamos...

Hoxe, agaságanos con este fermoso conto:Animais domésticos.

Estades preparados para escoitalo? 

Clica na imaxe e  prestade moita atención!!!!




Traballamos un poquiño. Podes facelo oralmente ou escribir no caderno de cores.


  • Gustouvos? Por que?
  • Que animales aparecen no conto?
  • Son domésticos ou salvaxes?
  • Tenta cambiarlles ti o nome coma acontece no conto e seguro que te saen moi divertidos. 

Se queres, escribe eses nomes tan chulos que inventaches con pintura, rotulador... nun papeliño  que atopes pola casa: xornal, revista, de cor, de cociña... e mándanos unha foto para facer unha montaxe con eles. 
Seguro que Lucia  se vai por moi contenta cando o vexa. 
Axúdanos a conseguilo!!!

Tarefas de 2º A para a semana do 29 de marzo ao 3 de abril

2º A
Ola rapaces e rapazas, mamis e papis!

Comezamos unha nova semana. A última deste trimestre!

Temos que seguir traballando desde casa. Esta é planificación das tarefas recomendadas por día e asignatura.

Luns 30
 Martes 31
 Mércores 1
 Xoves 2
 Venres 3
 C. Sociais

Autoavaliación  pax 1, 11,12,13,15

Repaso no Baúl de segundo.

 C. Sociais

Corrección tarefa .

Debuxa o teu lugar favorito da
túa localidade.

 C. Naturais

Cadernillo: O mundo animal.

Páxinas 12 e 13
LIM: As aves
 C. Naturais

Corrección da terefa do día anterior.

LIM: As aves de Galicia

 Plástica

Facemos esta escultura con tubos de cartón.

 Matemáticas

Ficha repaso páxina 1- 2

Estudia a táboa
de sumar do 7

Cadernillo de cálculo 3 filas de cuentas.

 Lengua Castellana

 Ficha repaso.

Escribe un pequeño texto contando lo mejor de este fin de semana.
 Matemáticas

Ficha repaso páxinas 3 -4

Cuadernillo de problemas
Pág siguiente

Repasa y juega en el Baúl de segundo

 Lengua Castellana

 Libro de texto

Página 168 nº 2 e 3
Página 169 completa

 Lingua Galega

 Libro Comprendetex
tos: Unidade 10

Ficha repaso

Aclaración: as tarefas pódense descargar e imprimir pero non é necesario, xa que cada nena/o pode empregar o seu caderno de cores ou calquera folio que teña na casa para facelas.

Para acceder as ficlas solo tes que clicar nas imaxes.

C. Sociais  Ficha de autoavaliación . Clica na imaxe para vela en grande.


Matemáticas: Ficha repaso páx 1-2

Non esquezas que temos unha conta de correo para enviar as tarefas ou consultar as dúbidas que te xurdan .

Cada día recordareivos o traballo planificado coas fichas correspondentes e pode que algunha outra cousiña para que enrededes, se vos apetece claro.






Tarefas de 2ºB (30 de marzo ao 3 de abril)

Comezamos a semana con enerxía!


Bo día nenas e nenos:
Que tal estades? Espero que moi ben!

Como ben sabedes, prolóngase o período de confinamento. Polo que continuaremos aprendendo mediante este medio.
A continuación, déixovos as tarefas recomendadas para a presente semana, que abrangue dende o 30 de marzo ao 3 de abril (poden acceder a ela pulsando na imaxe).



Para desenvolver as tarefas precisaredes, ademais dos materiais que tedes en casa, os seguintes: a folla de autoavaliación da materia de Ciencias Sociais, ficha de repaso de Matemáticas e tamén o modelo para facer a receita de Lingua Galega e Literatura.
Poden acceder ás mesmas pulsando nas imaxes que se recollen a continuación.

Folla de autoavaliación (Ciencias Sociais -Bloque "A localidade")


Ficha de repaso (Matemáticas).



Modelo para facer a receita (Lingua Galega e Literatura)

A
Aclaración: as tarefas pódense descargar e imprimir. Non obstante, non é necesario, xa que cada nena/o pode empregar o seu caderno de cores ou calquera folio que teña en casa para facelas.

Finalmente, non esquezan que teñen dispoñible a conta de correo para remitir as tarefas ou consultar dúbidas, se así o desexan.

Unha aperta virtual.

A titora de 2ºB.

domingo, 29 de marzo de 2020

Sodes marabillosos!!!

Ola campións e campionas!!!

Estades sendo un exemplo para todos! Tedes paciencia nestes días nos que non podemos saír,  facedes as tarefas que vos encomendamos: Fichas, lectura, autoavaliacións, plástica, xogades, cociñades.... e ensaiades algunha cousiña que mantemos en segredo.

Estou super contenta da vosa actitude e traballo!! Seguide así de bennnnn

Aquí vos deixo un pequenísimo resumo das actividades que estades facendo estupendamente.





Ole, ole e ole por vós!!!

sábado, 28 de marzo de 2020

Xogos para non aburrirse

Dese aulas galegas achéganos este xogo interactivo de Amalia P. Otero.
Quedamos na cas: O virus do aburrimento non pode con nós

Un xogo interactivo para participar a familia ante a pantalla e movéndose pola casa ( faise exercicio tamén). Clica na imaxe e verás como xogar! Non te esquezas de ver as regras antes de comezar.




Tamén nos achegan O tres en raia para facer con materiais de refugallo.
Clica na imaxe



Actividades para esta fin de semana

Rapaces e rapazas! 
Para este fin de semana, as profes, imos  deixar unha serie de actividade divertidas para que enrededes un chisco.

 Curtas: Todos a unha!

Mirade que importante é non pensar solo  nun mesmo, sobre todo en momentos complicados. Entre todos é máis rápido e doado lograr o que queremos.

Con estas  curtas, seguro que o entendedes moi, moi ben.







Nas entradas seguintes,  atoparedes  máis actividades lúdicas.




Taller de manualidades

Por se queres enredar un pouquiño, deixámosvos este pequeno taller de manualidades. Pincha na imaxe e tes as indicación e plantilla necesarias para facelo.





Curiosidades animales

Para os que teñades ganas de descubrir curiosidades sobre animales!

Sabes cal é o animal máis lento do mundo?

O perezoso é o animal máis lento do mundo. Atópase por Centroamérica.

Acada unha velocidade de 0,2 Km por hora. Pasa case toda a súa vida montado nas copas das árbores, móvese de rama en rama utilizando as súas garras para agararse.

Unicamente baixa ao chan unha vez cada semana, faino para defecar. Non é capaz de manterse de pe, ten que arrastrarse, esto faino moi vulnerable aos depredadores.



Cando ten crías, agilizase un pouco, pero aínda así apenas anda cinco veces máis rápido cun caracol.

A que non sabes que animal é o que tarda máis en nacer?

Os elefantes  xestan de 20 a 21 meses, os tiburóns 42 meses, e o período de xestación interna das salamandras alpinas chega a 48 meses antes do nacemento, pero hai outro animal que os supera...
Pistas:


Vive no mar, nace dun ovo e tarda 53 meses, e dicir, catro anos e cinco meses en nacer.

Investigade! Seguro que descubrides de que animal se trata!
Pista: pincha na imaxe.



Xogamos en familia!

Hoxe ides a ser os profes de E. Física na casa.

Tedes como misión, facer xogar a vosa familia !

Antes tedes que preparar o xogo. 

Como?

Moi fácil, debuxar a silueta das vosas mans e dos vosos pes, unhas cantas veces nun folio. Se queres podedes pintalas de cores 


De seguido, pegámolas no chan pero, seguindo este esquema. 


Forma de xogar:
Xógase e un en un.
Tes que por as mans ou os pes como indican os debuxos en cada fila, pasar a seguinte sen parar  e cambiando sen confundirse. O que se confunde perde.
Ollo!  Hai que fixarse ben que pe ou que man por.

3, 2, 1   A xogar!   

Veredes que divertido é!!! Xa nos contaredes.

viernes, 27 de marzo de 2020

Identifica os sinais de tráfico



Proxecto 2ºB: A torre Eiffel

Tarefa 2


Ola mozas e mozos:


A semana pasada pedinvos que debuxásedes a Torre Eiffel, e agora coñeceredes para que nos vai a servir ese debuxo. Veredes, a segunda actividade consistirá en que recubrades o debuxo con materiais de reciclaxe. Para iso podedes facer bóliñas de papel de periódico ou revistas, con pallas (“pajitas”), con palillos, con cortiza, macarróns…

Se algún ou algunha xa recubriu o debuxo con cores, non pasa absolutamente nada! Pode volver a facer outro e completalo con algún material de reciclaxe que teña pola súa casa.

Poño a vosa disposición, de novo, os pasos para debuxala, por se alguén non puido facela a semana pasada así como outro modelo:




Aquí podedes observar algúns exemplos:





Algúns compañeiros/as remitíronme as imaxes da tarefa 1 do proxecto, polo que volos ensino para que vexades que marabilla: 






        Bravo! Moi bo traballo!










Espero ansiosamente as imaxes das vosas creacións á conta de correo de 2ºB.


Unha aperta enorme! J


Venres 27

Bos días rapazada!

Hoxe, rematamos a segunda semana na casa! Sabemos que vos está custando non poder saír. Pero, imos pensar en positivo: todo vai saír ben.

Imos coa tarefa de hoxe: Vai a planificación e ponte en marcha. Elixe por onde comezar, non importa a orde. Non esquezades facer algo de inglés, música e E. Física.

 2º A  Imos a correxir as fichas leo e comprendo!

Comprensión da lectura. Páx 1

A que profesión se lle ocorreu Alfredo que podían dedicarse?
A Alfredo ocorréuse que se podían dedicar a ser comerciantes.

Que árbore atoparon no camiño? Marca

Ten que estar marcada a laranxeira, é a árbore da dereita.

Canto dediciron cobrar por cada laranxa?

Por cada laranxa decidiron cobrar unha moeda.

Coñezo as palabras. Páx 2


Escribe o nome das persoas que utilizan cada obxecto

     Bombeiro          Garda de tráfico
     Varredor            Carteiro

Une e forma palabras novas.

Automóbil
Rañaceos
Paracaídas
Cortacéspedes

Escribo ben Páx 3


Que palabra se coou en cada grupo?


Erre forte     Laranxa
Erre suave    Regadeira

Que son? Completa con r ou rr


Guitarra      radio                 gorra

serra           enredadeira       reloxo

Que neno xoga en cada equipo?


Nomes con e rre forte                         Nomes con erre suave


Montserrat                                           Amparo

Ruth                                                     Mariño
Conrado                                               Darío

Escribo ben Mp Mb Páx 4


Que son?

Cantimplora   Non se ve clara a imaxe         gamba           lámpada

Completa as oracións

Vitoria non oíu o timbre porque Aitana estaba tocando o timbal.
Anxo quere ir ao campo e sentar á sombra dunha maceira.
      
Le e reolve a adiviña
Somos as sombras

Matemáticas


Mandádeme as fotos das contas e dos problemasao correo, así tamén me poñedes deberes vos a min. Espéroas!!!


Plástica

Para a vindeira semana imos facer un traballo no que ides precisar un tubo de cartón de papel hixiénico, un tubo de cartón de papel de cociña ou similar, telas ou papeis de cores... Ide gardando estes materiais.

Moi ben rapaces!!! Así da  gusto traballar con vos!!



E... RECORDA!





jueves, 26 de marzo de 2020

Xoves 26

Ola mozos e mozas!  

Xa queda un día menos para vernos de novo. Pero, mentras tanto, temos que seguir traballando na casa.

Colle a planificación de traballo de hoxe, veña! Comezamos

Recorda:


Escribe despaciño e con boa letra.

Le despacio e polo menos un par de veces antes de contestar ou resolver a as actividades propostas.

Non te esquezar ler un pouquiño cada día.

Xogar, facer puzzles, recortar....

As mestras estamos moi contentas porque estamos recibindo os vosos traballos moi be feitos ainda que hai algún por aí que se está esquecendo de envialo.

Nas entradas seguintes deixámosvos un novo libro de lectura, por se na casa xa non tedes e uns xogos de matemáticas divertidos.

Juegos matemáticos: Cálculo mental

Este es un juego para restar unidades mentamente. 
Para empezar pincha en la imagen. A continuación pincha e  pizarra digital.
Tendrás que hacerlo unas cuantas veces, verás como cada vez lo haces más y mas rápido!!!



En este otro juego tienes que sumar decenas completas

Pincha en el ejercicio nº 7



Había una vez un punto

Este libro es muy divertido , fácil de leer y muy útil para ti!

Empieza: Había una vez un punto que caminaba por una página, se encontró....

Atrévete a leerlo!