jueves, 30 de abril de 2020

Deseñamos a nosa saída de fin de curso (2ºB)

Queridas mociñas e mociños:


Gustaríame agradecervos a fantástica acollida que tivo a tarefa "Deseñamos a nosa saída de fin de curso".  Sen dúbida, estou abraiada coa vosa gran creatividade e imaxinación á hora de dar resposta aos retos diarios. 

Entre os lugares  que vos gustaría visitar atopamos os que se sinalan na táboa:


Galipark Multiaventura.
Torre de Hércules.
Illas Cíes.
Manzaneda.
Museo do Mar,  Vigo.
Acuario de O Grove.
Parque acuático de Cerceda.
Vigo: Museo do  Mar, Centro comercial (Gran Vía) e a praia de Samil.
Illa de Arousa (Praia do Bao)
As Médulas
Illa da Toxa
Aquarium Finisterrae


 Grazas por seguir traballando deste xeito tan fantástico! 

A continuación podedes ver imaxes dos carteis que xa me remitiron algúns compañeiros/as para dar resposta ao reto 4 e último da semana:



 

 

 
 




Bavooo!! Desfrutar moito do merecido descanso traballadoras e traballadores.

Unha aperta enorme.

Tarefas 2º A Xoves 30 abril

Bos días chic@s!

Xa chegamos o último día desta semana!

Unha menos para volver a vernosss. Xa o estamos desexando todos!!!

Recorda: Le despacio e ben antes de comezar a facer cada exercicio, para, pensa e logo resolve.

Ánimo, que son chupadas!!!!




Plástica: Elixe unha destas tarefas e ponte mans a obra!

a) Animales feitos coas túas mans ( clicla na imaxe para ver como se fai)



b) Caricaturas con anacos de papeis

















c) Fabricar xoguete



Tarefas 2ºB Xoves 30 de abril

Bo día campionas e campións:


Estades a piques de rematar a semana e como xa sabedes mañá (venres 1 de maio) é o Día da Festa do Traballo. Iso quere dicir que estades ante un día non lectivo e polo tanto non tedes que facer ningunha tarefa do cole.

Non obstante, non quero deixar pasar a oportunidade de felicitarvos polo que traballades diariamente. Tamén me gustaría que valorarades o traballo que desenvolven as vosas nais, pais... Grazas a elas e eles, tedes multitude de recursos a vosa disposición; sen esquecernos do máis importante: o moito que vos queren e coidan.

Polo que nunca está de máis agradecerlles o seu gran traballo, non cres?

A planificación para o día de hoxe é a seguinte:

XOVES 30 ABRIL (2ºB)
Actividad globalizada: Diseñamos la salida de fin de curso.
          Tarea: reto 4.
Inglés:
Non vos esquezades de entrar no blog e comprobar se hai tarefas novas.
Por outra banda, recordade que as tarefas entréganselle directamente a mestra de Inglés mediante o seu correo electrónico.
Tempo de lectura:
Le en voz alta unha revista, xornal, conto… Como mínimo debes ler 10 minutos diarios. Tendo en conta os descansos que hai que facer nos puntos e comas. Tamén é importante que empregues unha entoación axeitada nas oracións interrogativas e exclamativas.
Lingua Galega e Literatura:
Dende o luns 27 de abril, as nenas e nenos podedes saír a dar un pequeno paseo, acompañados dun adulto. Se algún ou algunha saíu a dar ese pequeno paseo debe reflectir nunha folla as sensacións que experimentou durante o mesmo (é dicir, explícame como te sentiches). Os que non foron dar o paseo, explicarán como se senten estando en casa sen poder saír.
O relato do voso paseo ou confinamento debe ocupar como mínimo 5 liñas.

O material para desenvolver o reto 4 atoparalo na entrada "Tarefas semana 27 ó 30 de abril (2ºB)".


Recorda que tes a conta de correo para expresar as túas dúbidas ou inquietudes e tamén para remitirme os retos. 

Unha aperta enorme traballadoras e traballadores.


miércoles, 29 de abril de 2020

Tarefas 2º A Mércores 29 de abril

Bos días rapazada!

O paseo de onte, estupendo, a que sí? Seguro que máis de un ten maniotas de tanto correr, saltar.... Pero que ben vos senta!!!

Xa estamos na metade de semana, e as tarefas de hoxe van ser moi fáciles!!!

Estades preparados?




Ficha Lengua Castellana: Pasatiempos 




Ficha C. Naturais



Valores: Super Pepo e o xardín dos desexos (Entrada no Baúl)

Super Pepo




Escríbelle  unha nota a un amigo para contarlle o que aprendiches neste vídeo.

Bo traballo rapaces!!!

Tarefas 2ºB Mércores 29 de abril

Bo día:

Que tal estades? Espero que moi ben.
Gustaríame felicitarvos polo voso gran traballo diario. Sabedes que como sempre vos digo, con traballo e esforzo todo se logra. Veña, seguimos?

MÉRCORES 29 ABRIL (2ºB)
Actividad globalizada: Diseñamos la salida de fin de curso.     Tarea: reto 3.
Educación Física:
Debedes entrar en Classroom e comprobar se hai tarefas novas. As tarefas remitiranse directamente a mestra de Música a través dese medio.
Tempo de lectura:
Le en voz alta unha revista, xornal, conto… Como mínimo debes ler 10 minutos diarios. Tendo en conta os descansos que hai que facer nos puntos e comas. Tamén é importante que empregues unha entoación axeitada nas oracións interrogativas e exclamativas.

O material necesario para desenvolver o reto 3 atoparalo na entrada "Tarefas semana do 27 ó 30 de abril".

Recordade que tedes a conta de correo dispoñible para remitir as dúbidas e os retos diarios.

Unha aperta virtual.


martes, 28 de abril de 2020

Experimentamos!

Na lectura de hoxe, saía un experimento. Algúns mandádesme a vosa experiencia!

Roi desfruta experimentando!!!

Irene, parece que ten frío!


Emma e  a súa  fabulosa experiencia!


Estupendo traballo!!! Sodes especiais!

Tarefas 2º A Martes 28

Bos días rapaces!!!

Que ben vos están sentando eses paseos, verdade?

Como me alegro! 

Pero, como sodes moi responsables e traballadores, as tarefas de hoxe, seguro que as ides facer nun plis, plas!

Veñá, a por elas!!!


Ficha 6 repaso


Un abrazo enorme!!!!

Tarefas 2ºB Martes 28 de abril

Olaaa


Outro día máis aquí estamos. Espero que esteades desfrutando moito dos paseíños e sobre todo que cumprades coas normas sinaladas polas expertas e expertos.

A continuación tedes a planificación para o día de hoxe:

MARTES 28 ABRIL (2ºB)
Actividad globalizada: Diseñamos la salida de fin de curso.
Tarea: reto 2.
Música:
Debedes entrar en Classroom e comprobar se hai tarefas novas. As tarefas remitiranse directamente a mestra de Música a través dese medio.
Tempo de lectura:
Le en voz alta unha revista, xornal, conto… Como mínimo debes ler 10 minutos diarios. Tendo en conta os descansos que hai que facer nos puntos e comas. Tamén é importante que empregues unha entoación axeitada nas oracións interrogativas e exclamativas.


O material para desenvolver o reto 2 atoparalo na entrada "Tarefas semana do 27 ó 30 de abril (2ºB)".

Recorda que a conta de correo está dispoñible para solucionar dúbidas así como para remitir os retos diarios.

Veña, xa queda menos para volver á normalidade.

Unha aperta enorme.


lunes, 27 de abril de 2020

Tarefas 2ºB Luns 27 de abril

Bo día:



Comezamos a semana cheos e cheas de enerxía e máis sabendo que xa podedes saír a dar paseíños. Que ben!!
Non obstante, non vos esquezades que temos que ser moi responsables coas normas de hixiene. Así como coas tarefas diarias.
Agora, botádelle un ollo á planificación do día de hoxe para poder comezar:



LUNES 27 ABRIL (2ºB)
Actividad globalizada: Diseñamos la salida de fin de curso.
    Tarea: reto 1.

Inglés:
Non vos esquezades de entrar no blog e comprobar se hai tarefas novas.
Por outra banda, recordade que as tarefas entréganselle directamente a mestra de Inglés mediante o seu correo electrónico.
Tempo de lectura:
Le en voz alta unha revista, xornal, conto… Como mínimo debes ler 10 minutos diarios. Tendo en conta os descansos que hai que facer nos puntos e comas. Tamén é importante que empregues unha entoación axeitada nas oracións interrogativas e exclamativas.


O material para desenvolver a actividade atoparalo na entrada "Tarefas semana 27 de abril ó 30 de abril (2ºB).".

Recorda que a conta de correo está dispoñible para que me preguntes as dúbidas que poidas ter, así como para remitirme os retos diarios.


Unha aperta virtual.

Tarefas 2ªA Luns día 27

Ola Rapazada! Todos ben?


Agora xa podedes saír a dar uns paseíños pola rúa! Que marabilla!!!  Non vos esquezades de cumplir as normas. Vale?
Como estades moi, moi ledos do voso paseo de onte, ben seguro que estades desexando volver hoxe!


Esta semana cada curso imos ter tarefas diferentes. Fixádevos ben na que vos corresponde!!! 

E coma sempre, se tedes dúbidas, consultarme e o rematalas, enviádeas ao correo.



Mi primer paseo!
Escribe en cinco, seis  frases como fue ese primer paseo: A donde fuiste, que hiciste, como te sentiste después de tantos días na casa,....  Puedes hacer un dibujo si quieres!

Matemáticas     Ficha 5 repaso


Veña, rapaces!!!! Seguro que o voso traballo vai ser estupendo.

Investigamos sobre os cervos

Xa que estos días vimos como polo centro da nosa vila un cervatillo, hoxe propóñovos investigar sobre eles.
Cando termines as túas investigacións completa a ficha que tes máis abaixo.

Aqui vos deixo algúns vídeos e enlaces onde podedes investigar.




Pincha en este enlace para seguir informándote!
Los ciervos

Agora completa esta ficha ( pincha nela para vela en grande)





domingo, 26 de abril de 2020

Fichas 2ºA semana 27-30 abril

Bos días rapaces e rapazas!!!

Hoxe seguro que estades impacientes polo voso merecido premio: UN PASEO!

Que ben!

Para as familias de 2º A que queiran fotocopiar as fichas desta semana, van todas xuntas neste documento. 





Recordo que non é preciso fotocopialas, pódense facer nunha libreta, folio... pondo a data o nome  e o número de cada exercicio.



Tarefas semana do 27 de abril ó 30 de abril (2ºB)


Bo día campionas e compións:

Que tal estades? Espero que xenial. J

Esta semana vai ser un pouco máis curta, xa que o venres día 1 de maio é festivo (Día da Festa do Traballo). Por iso as tarefas da semana que está a piques de comezar finalizarán o xoves (incluído).

Como estamos ante unha semana diferente a actividade que propoño tamén o é. En multitude de ocasións fixemos ao longo do primeiro e segundo trimestre (así como o ano pasado) actividades nas que tiñamos que integrar todo o aprendido nas diferentes materias. Polo que neste caso teño unha proposta para vós que consistirá en deseñar a vosa saída de fin de curso

Para iso, tedes que ter en conta todo o aprendido nas diferentes materias (lingua castelá e literatura, matemáticas, ciencias sociais, ciencias da natureza, plástica…).

No documento que se atopa a continuación encontraredes as instrucións necesarias para desenvolver a actividade, que está composta por un reto diario (tarefa diaria). Recordade, tedes que ler 3 veces cada tarefa-reto, xa que debemos comprender que é o que nos piden en cada un.



Ó final do documento, atoparán un cadro coa información relativa á entrega da actividade. Non obstante, non dubiden en consultarme as posibles dúbidas.

Estou desexando ver as fantásticas ideas que tedes para a saída de fin de curso. Deixar saír toda a vosa creatividade e imaxinación!!

Unha aperta enorme.


Xa podedes pasear!!!

Por fin!!! 
Desde hoxe, xa  podedes saír pasear, sempre acompañados por un adulto.

Teredes que ter moi presentes as normas:
  • 1 hora cada día.
  • O paseo pode ser  como máximo a 1 Km do voso domicilio.
  • Non podedes xogar con outros amigos. 
  • Non se pode ir ao parque, si a alameda, a praia, o monte...
  • E sempre respetando a distancia de seguridade
  • E sobre todo, facede caso dos adultos.



  • Aproveitade para correr, brincar, patinar, andar en bici....


  • As profes desaxamos que desfrutedes moito, moito, moito!!!

    viernes, 24 de abril de 2020

    Conto: O fío

    Un conto precioso interpretado polas mestras do cole dunha amiga miña

    Non deixes de velo!!!

    Tarefas venres 24 de abril

    Ola mozas e mozos:


    Estamos a piques de rematar a semana. Aquí tedes as tarefas para o día de hoxe:


    VENRES 24 DE ABRIL
    Lengua Castellana y Literatura:
    Escribe una noticia sobre algún hecho que vivieses durante este período excepcional. No te olvides de incluir las 5 partes de la noticia: título, subtítulo, cuerpo de la noticia, pie de foto/dibujo y foto/dibujo.
    Matemáticas:
    Ficha sumas y restas.
    Música
    Tedes que entrar en Classroom e comprobar se hai tarefas para facer.
    Recordade que as entregas das tarefas de Música realízanse directamente mediante Classroom. 

    Recordade que tedes a conta de correo para remitirnos as tarefas (as de Música, van mediante Classroom). Por outra banda, as tarefas podedes facelas perfectamente nun folio, folla de libreta... Simplemente debedes poñer o nome da materia, o número do exercicio e as respostas.

    Material necesario para realizar as tarefas:

    -Ficha de sumas y restas:



    Unha semana máis, moitas grazas polo voso gran traballo e esforzo. 
    As mestras de 2º estamos moi orgullosas de vós!
    Boa fin de semana.

    Unha aperta enorme.

    jueves, 23 de abril de 2020

    Un cumple especial!

    A nosa compañeira Sira, tamém tivo o meu agasallo especial!
    Quedou, como decides vós flipada!

    Celebramos o Día do Libro

    A pesares de estar na casa, non podíamos deixar pasar esta data tan especial sen celebrar.

    As vosas aportacións á celebración do Día do Libro xa están aquí!

    Encántanos a vosa estupenda participación xunto coa gran colaboración das vosas familias.














    Genial rapaces!!!  Un traballo fabuloso!!!

    Poesías desde a casa!

    Sodes uns artistaz@s! 

    Proba delo, son as vosas adaptacións da poesía popular de Xan Pericán

    Aquí as tedes!!  Son fantásticas!!!



















    Excelente traballo rapaces!!!  Grazas por compartilas!!!

    Día Internacional do libro

    Hoy celebramos el día del libro!


    Lo vamos hacer de una forma muy especial!




    Primero lemos la letra de esta canción varias veces, despacito, vocalizando bien, con buena entonación y con mucho sentimiento como sabemos hacer.



    Ahora intentamos completar las palabras que faltan sin verlas! No hagáis trampa!!!!

    Y .... a cantarla!!!   

    El o la que se anime puede buscar un padrino o una madrina por casa para leerla juntos, hacer una foto o  grabarla y mandarla al correo!!!

    Os esperamos ilusionadas!!!



    Tarefas xoves 23 de abril

    Ola nenas e nenos:


    A continuación podedes observar as tarefas previstas para o día de hoxe:


    XOVES 23 DE ABRIL
    Matemáticas
    Ficha problemas (monedas y billetes).
    Lingua Galega e Literatura
    Lectura “Que é a seguridade viaria?”
    Realiza un esquema sobre a lectura, recollendo a información que che pareza máis importante.
    Inglés:
    Non te esquezas de entrar no  blog  e ver as novidades.
    As tarefas remitiranse directamente ao correo da mestra de Inglés.


    Celebración do Día da Poesía (Entrada no Baúl)

    O material que precisades para realizar as tarefas é o seguinte:

    -Ficha problemas (monedas y billetes):

    -Lectura "Que é a seguridade viaria?":


    Non vos esquezades de remitirnos as tarefas á conta de correo correspondente, así como as dúbidas ou inquietudes que queirades transmitirnos.

    Unha aperta vitual.