miércoles, 25 de marzo de 2020

Mércores 25 de marzo

Bo día rapazas e rapaces! 

Non vos esquezades de consultar a planificación para recordar que tarefas tedes que facer hoxe. 
Por outra parte, as mestras de segundo cumprimos co prometido, polo que aquí tedes as respostas á tarefa de autoavaliación relativa ás páxinas 2,3 e 4 do bloque “A localidade” da materia das Ciencias Sociais:

1: C
2: A
3: A
4: B
5: C
6: B
7: A
8: A
9: B
10: B

Se tes algún erro, non tes que preocuparte, xa que como ben sabes todas e todos nos equivocamos. Simplemente, aconsellámoste que consultes no bloque a resposta axeitada.

Finalmente, se queredes podedes remitir os resultados obtidos á conta de correo da túa titora. 

Estamos seguras que serán marabillosos!

Unha aperta virtual! 


martes, 24 de marzo de 2020

Actividades de E. Física

A profe Rosa, recoméndanos facer exercicio!!

Sempre que queiras facelo, solo tes que ir a páxina principal e clicar na pestana E. Física


Este vídeo sírvenos tanto para lembrar a canción da mariola como para acompañar os nosos movementos á hora de saltar. Podemos aproveitar para palmear a parte acentuada que vai coincidir co -e- de minué, -gus- de gusta e -ce- de dance.




Agora vén o bo. Se tes posibilidade de marcar no chan cunha cinta adhesiva ou xiz unha cuadrícula de catro por catro, perfecto….tamén podes marcar unha soa fileira de catro cadros e traballar sobre ela. Se non é posible, non te preocupes, seguro que che vai gustar practicar os saltos laterais e os cambios de sentido por exemplo, no corredor de casa. Todo vale!! Lembra que o fundamental é traballar o movemento lateral intentando impactar os pés contra o chan ao mesmo tempo, a memoria e o sentido do ritmo. O máis importante é moverse, e se é posible, facelo con alguén máis da familia. Intenta memorizar os movementos pero...non desesperes...só ata onde sexas capaz, non intentes aprender todo dunha atacada, sempre que poidas, un pouquiño.



Sabías que o corpo se traballa tamén a través da mente? Para iso nesta ocasión imos utilizar a imaxinación. Busca un lugar cómodo e confortable da casa e déitate no chan, pouca luz e sen ruidos que nos poidan molestar. Reproduce o vídeo “El árbol encantado” e pecha os ollos, toca imaxinar, déixate levar. Podes facelo todas as veces que queiras.

Martes 24 de marzo

Autoavaliamos a nosa aprendizaxe!


Queridas nenas e nenos:

Que tal estades? Esperamos que moi ben! 

As mestras temos unha nova tarefa para vós, ademais das que corresponden ao día de hoxe (véxase planificación). Veredes, a semana pasada, na planificación que tedes, recomendamos que repasárades as páxinas 2, 3 e 4 do caderno de Ciencias Sociais "A localidade". Polo que, tal como fixemos coa materia de Ciencias da Natureza, anímosvos a que comprobedes todo o que sabedes.

Atrevédesvos?

Pulsando na seguinte imaxe, accederedes á folla de autoavaliación.




Finalmente, debemos sinalar que mañá (mércores 25) subiremos as respostas para que as poidades corrixir.

Unha aperta virtual!! 

lunes, 23 de marzo de 2020

Actividades de música

A profe Rosa envíanos estas tarefas para que as levedes a cabo durante estas semanas. 

Vamos acompañar estes sete esquemas rítmicos de negras e corcheas repetidos catro veces cada un respectivamente. Estes esquemas rítmicos están separados entre sí por unha espera de catro tempos, tranquilo...a pantalla vaiche indicar cando tes que empezar.

Recorda, seguimos tres pasos:

  1. Vocalizamos só as sílabas, ta para a negra e ti-ti para as corcheas.
  2. Vocalizamos as sílabas e acompañamos con palmas.
  3. Agora facémolo mentalmente e con palmas, sen dicir nada.
  4. Por último utilizamos algún instrumento de percusión ou algún obxecto casero que poidamos utilizar para acompañar.


Agora facémolo para acompañar a Danza da fada do azucre do crebanoces de Tchaikowsky. Seguimos os mesmos pasos que na actividade anterior pero antento, hai algún silencio por aí. Silencios de negra, que xa os coñeces, e o silencio de corchea un pouco máis complicado, non te preocupes...déixate levar pola demostración.




Tarefas de inglés


A profe Linda, deíxavos algunhas actividades de inglés para que sigades practicando. Podes atopalas na páxina principal, no apartado de inglés.

Non deixes de facelas!!!

Convertémonos en escritoras/os por un día!


Ola rapazas e rapaces! 

Comezamos a semana e como non podía ser doutro xeito o facemos con moita enerxía. Por iso, as mestras de segundo vos propoñen a seguinte tarefa: inventar o final dun conto 


Pulsando na imaxe  atoparedes toda a información necesaria para desenvolver a tarefa: o fragmento do conto,  os pasos a seguir, recomendacións...




Sabemos que sodes moi creativas e creativos, polo que estamos seguras que os resultados serán marabillosos!! Non dubidedes en remitírnolos á conta de correo asignada a cada curso.

Unha aperta vitual! :) 



Luns 23 de marzo

Bos días rapaces! Sodes xeniais!! Aí quietiños na casa coas vosas familias. Siguede cumplindo a norma: QUEDA NA CASA!

Comezamos un novo día de traballo. Imos seguir un pouco as rutinas da aula.

Primero imos correxir as tarefas.

Sabemos que sodes uns investigadores marabillosos, pero tedes que comprobar que as vosas indagacións son axeitadas.

As aves

Compara  e corrixe se é preciso



ESQUEMA

O voso esquema poder ser diferente a este. O importante é que teña os memos contido. Completa se é preciso. Agora estúdiao!!!


Galego

Os antónimos

1.- Marca con X e fai parellas de antónimos
     Acabar- empezar
     Quitar- dar
     Baixar- subir
     Desfacer - facer

2.- Cambia a palabra destacada por un antónimo
      Doado- difícil
      Nunca - sempre
      Poucas - moitas
      
3.- Completa a adiviña
       Calor sempre, pero frío nunca dá,
       acendido si, porque apagado non está,
       a el pódeste achegar,
       máis non lle debes tocar.

A comparación

1.- -Contesta
       Laura é menos alta que Xavier.
       Isabel é igual de alta que Xavier.
       Isabel é máis morena que Laura.

Ortografía

1.- Rodea de azul as palabras con r suave  de vermello as que levan o son forte.

     Berta e Miguel saían da casa e ruaban ata chegaren onda o mar. Corrían ata os piñeirais da ladeira       e choutaban nas rochas, porque a ledicia do verán os facía medrar para arriba.

2.- Con r ou rr
      inverno       perruca        aventura          sorrir          carnaval         rabaño

As contraccións

1.- Une e forma oracións

      Teño unha amiga moi divertida.
      Disfraceime de pantasma cunha saba branca.
      Esa é a chaqueta dunha prima miña.

2.- Completa as oracións

      Tomo os cereais nunha cunca.
      Mario cose a tea cunha agulla de fío verde.
      As pinturas están gardadas nunha caixa.
      Esta é a folla dunha maceira.

3.- Sopa de letras
      
         E  N  R  X  O
         B  U  N  H  A  G
         T  N  M N  Z  P
         I  H  C  U  V  E 
         S  C  Q  F
         Ñ  A  H  N  U D

Bo traballo rapaces! 

Agora seguide co traballo que tiñades preparado para o día de hoxe

Facede un descanso, mentras podedes ir bailando a canción que temos entre mans.

E para rematar, ides a ser escritores.  Mirade a entrada  seguinte que volo explica todo.

Este aplauso para vos e as vosas familias!!!



domingo, 22 de marzo de 2020

Proxecto 2º A : Joan MIró

Ola rapazada! Que tal estades? Seguro que un chisco inquedos por ter que estar na casa. Tranquilos, en nada volveremos a normalidade.

Propoño una actividade de plástica que tanto vos gusta!

Xa sabemos moitas cousas da vida e obra de Joan Miró.

Facede este xogo de memoria con algunhas das súas obras.


Agora invítovos a ser uns grandes pintores como Miró.  Queredes?

Antes de nada, pincha sobre a imaxe  deste xogo para descubrir como pintaba e despois tentar imatalo no propio xogo.


Podes facer unha foto do cadro que fixeches ou unha captura de pantalla. Tamén podes ser creativ@ e facer ti un propio. Mandádeme  foto ou vídeo do proceso ao correo que temos de contacto.


Agardo impaciente eses resultados!


sábado, 21 de marzo de 2020

Proxecto 2ºB: A torre Eiffel

Ola  rapazas e rapaces!! 


Espero que esteades moi ben, non vos podedes nin imaxinar as ganas que temos de volver á rutina diaria. Pero con paciencia, todo chegará e estaremos de novo compartindo momentos e aprendendo xuntas e xuntos.

Se facedes un pouquiño de memoria recordaredes que durante as últimas semanas estivemos traballando na Torre Eiffel. Concretamente na súa recreación mediante cortizas e tamén indagando sobre a mesma.

Concretamente o última día de clase case a rematamos, polo que non nos queda nadiña. Á volta continuaremos para poder ensinarlle ás familias, mestres e restos de compañeiros/as do cole o froito do noso traballo e esforzo así como o proceso de construción. Pero ata ese momento, gardaremos todos eses marabillosos recordos na nosa mente.

En canto á indagación foi un proceso que realizamos divididos en equipos cooperativos. A cada equipo asignóuselle unha cor (verde, lila, rosa e azul), desta forma cada un ocupouse dun aspecto: datos xerais, características, contexto histórico, descrición e proceso de construción.

Esta tarefa tan complexa constou de varios pasos:

-          1º Lectura rotativa da parte asignada a cada equipo polos membros do mesmo.
-          2º Subliñaron a información que os compoñentes do equipo consideraron importante.

Non foi unha tarefa sinxela, xa que como é normal non todas e todos os compoñentes do equipo estaban de acordo á hora de escoller a información. Pero mediante o diálogo chegamos a acordos que nos permitiron seguir progresando. 

A continuación podedes observar imaxes de dito proceso tan enriquecedor:








              Que orgullosa estou do voso traballo e esforzo!
                          












O resultado atoparédelo a continuación pulsando na seguinte imaxe:

Non obstante, como sempre vos digo, a aprendizaxe é un aspecto que nunca remata. Todas e todos continuamos aprendendo día a día. Polo que nós tampouco nos imos render, non? Por iso déixovos a continuación varios vídeos para que poidades aprender un pouquiño máis.





Por último, anímovos a que fagades un debuxo da torre Eiffel nos vosos fogares (tarefa 1). Para iso, podedes pedirlle axuda a mamá, papá, tía/o… Así pasaredes un rato entretido! Sede creativos e creativas!!!



Na imaxe podedes observar uns sinxelos pasos para debuxala, pero só é un modelo. 


Á volta, entre todas e todos, realizaremos un mural no que expoñeremos ditos debuxos. 
A profe tamén vai facer o seu.


Unha aperta virtual ! J

Día de la poesía

Hoy es el día de la poesía.

A nosotros nos encanta leerlas. ¿ verdad?

Aquí os dejo este  poema libro, que va a inagurar nuestra biblioteca digital, para que podáis seguir leyendo desde casa. La encontraréis en la página principal, en el mismo apartado donde están las asignaturas.

Recuerda leer despacio, con entonación y respetando las comas, los puntos suspensivos, los puntos....

Vamos a leer!